Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para que valerá a poesía?

Santalla, Iago - miércoles, 09 de julio de 2025
Escoitando música aleatoria emerxeu "Como la cigarra": Os poderosos versos de María Elena Walsh que, merecendo ser espallados urbi et orbi, deron coa mellor voz: a de Mercedes Sosa. Ambas bogan a eternidade en mastros libertarios de folla perenne pero o seu corazón volve latexar cada vez que calquera alma necesitada escoita:

Tantas veces me mataron
Tantas veces me morí
Sin embargo estoy aquí
Resucitando

Gracias doy a la desgracia
Y a la mano con puñal
Porque me mató tan mal
Y seguí cantando.

Podemos falar doutras "parellas" que nos deleitan dende a eternidade como Celso Emilio e Suso Vaamonde, Facundo Cabral e Alberto Cortez ou Mario Benedetti e Daniel Viglietti. Podo asegurar que quen le ou escoita acouga. Acouga e resucita en forzas anovadas para facer a vida.

Entón á pregunta inicial hei responder cun verso de Pablo Milanés: "para vivir" porque a poesía baila coa eternidade e nunha eternidade todo é posible (segundo Facundo Cabral).

"Sei o que vale un verso", dixo Manuel María e prosegue "sei que os versos no valen, pero sigo escribindo sen parar". Fixo ben porque o que nunca saberán os poetas é cantas almas se ergueron por eles para facer un porvir ceibe.

Quizais a pregunta inicial ten tantas respostas como latexos e gorxas de emoción. Eu, coa axuda de Milanés vou completar a miña: "a poesía vale para vivir porque é o pan e o viño da alma".
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES