Setembro
Editorial - martes, 01 de septiembre de 2009
Xa chegou setembro, e con el a realidade que o verán se encargou de dulcificar.
Foi un verán extraño, no que non houbo incendios importantes nin calores que os xustificasen, no que faltou moita xente e a que houbo xogou a aforrar o que non podía gastar, no que os letreiros de Se alquila seguiron colocados ata o remate de agosto.
Moito se deixou para este mes que hoxe comeza. Porque o verán oficial obriga a que todo vaia máis lento, todo se xustifica co calendario e ninguén se extraña de que medio país estea pechado agardando polo comezo do curso escolar, pola dinamización das oficinas, pola volta á vida laboral do organismo social.
Pois xa estamos en setembro. Os gobernantes, nos seus postos; as empresas, funcionando; os ánimos, dispostos a retomar unha actualidade que se non nos gusta non hai máis remedio que afrontala.
Xa estamos en setembro. ¡A traballar!. A traballar os que poidan, e que se caen chuzos alomenos agardemos que non caian de punta.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora