Pastoral Penitenciaria Diocesana - Mondoñedo Ferrol.
II Xornada Convivencia "A Saúde mental no cárcere"
Entrega do agasallo á Doutora Carmen Suárez Mujico
San Paulo de Catabois - Ferrol, 20/06/2025
Dra Carmen:
Dentro e fóra dos barrotes do cárcere, hai moitos cárceres internos e externos nos que vivimos encerrados.
No cárcere falan de máis dun 40%. Aí está o PAIEM.
Nós queremos aprender de ti o amor, respecto, consideración positiva e aceptación incondicional. Para ti, sempre hai PERSOAS, IRMÁNS, FILLAS E FILLOS DE DEUS, nos que puxeches e pos alma, corazón e vida.
ALGO IMPORTANTE QUE A XENTE NON SABE.
Ser funcionaria, funcionario, é unha profesión-vocación ben difícil.
Canto desexades, cada día, despois de cada garda, levar no voso corazón o gozo e alegría de ter comprendido e axudado a cada persoa.
Poder volver á casa e á familia dicíndolles: Hoxe valeu a pena.
Somos testemuñas presenciais.
Como Pastoral Penitenciaria de Mondoñedo-Ferrol, e como sociedade civil, nós, hoxe, desexamos mandarvos a todas e todos o noso afecto.
Queridísima Carmen:

Velaquí unha figura de mirada perdida e angustiada. O noso artista Regal de Viveiro e especialista na intuición profunda do ser humano para plasmar o seu misterio.
Aí estamos cada persoa ás que ti segues querendo e amando. Agardamos a túa paz e sabedoría. E a túa mirada que dá alento. Só Deus sabe, na súa compaixón, onde cada un, cada unha, perdemos o rumbo da nosa mente e do sistema emocional e social.
Por iso creaches razóns para a esperanza e levaches a alegría das Boas Noticias con arte, paciencia, fidelidade e delicadeza.
Os ollos do teu corazón sempre van ao esencial da persoa humana. O tempo do preso é tempo de Deus.
Graciñas Carmen. "Y le pido a Dios que no nos faltes nunca".
Nosa Señora da Mercé, mira por nós.
Nieves Espiñeira Medín é Delegada Pastoral Penitenciaria de Mondoñedo-Ferrol.