Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 11: Puír, reparar e restituir (7)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 29 de julio de 2025
Evanxeo. ¡Que sorte a nosa, nacer e criarnos neste país e nesta época! O seu contido é a salvación inaugurada e realizada por Cristo.
Romanos 1, 1: "Paulo, escravo de Cristo Xesús, chamado para ser apóstolo, escollido para o evanxeo de Deus. Evanxeo que El prometera antes por medio dos seus profetas nas escrituras santas, e que trata do seu Fillo: Xesús Cristo, o noso Señor, que como home naceu da semente de David, pero que polo Espírito Santificador foi constituído fillo de Deus con pleno poder ó ser resucitado dos mortos".
13, 4: "O amor é de corazón grande, é servizal. O amor non ten envexa, non ten fachenda¸ non se ensoberbece; non é malcriado, non busca a súa comenencia, non se alporiza, non garda malicia; non simpatiza coa inxustiza, senón que se alegra coa verdade. Desculpa sempre, fíase sempre, espera sempre, atura sempre".
16,25: "Doxoloxía. O 11: Puír, reparar e restituir (7) A aquel que é potente para vos afianzar no meu evanxeo e no anuncio de Xesús Cristo, conforme a revelación do misterio escondido durante tempos eternos, pero manifestado agora polas escrituras proféticas, e por disposición do Deus eterno dado a coñecer a tódalas nacións para levalas á obediencia da fe, a Deus, o único sabio, por medio de Xesús Cristo, sexa a gloria para sempre. Amén". ¡Amén!
Porque o manda Cristo en persoa. Gálatas 1,11: "Porque fágovos saber, irmáns, que o evanxeo que eu predico non é cousa de homes, xa que nin o recibín nin o aprendín de home ningún, senón que mo revelou Xesús Cristo".

¡Gracias, Paulo, por transmitirnos as consignas recibidas; acatarémolas, con fe e con devoción!
-.-

Expiación. Expiación e perdón.
1 Xoán 2, 1: "Meus filliños, escríbovos estas cousas para que non pequedes; pero, se algún peca, temos quen nos defenda diante do Pai: Xesús Cristo, o Xustificador. El é quen espía os nosos pecados; e non só os nosos senón e tamén os de todo o mundo".
4,8: O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ó mundo o seu Fillo Unixénito, para que nos dese a súa vida (e coa vida, o exemplo). Hai amor dentro de nós, non porque nós teñamos amado a Deus, senón porque El nos amou a nós e mandou o seu Fillo para que expiase os nosos pecados".
¿Seremos tan ruíns, tan desagradecidos, que non correspondamos ese amor amando ao próximo, facéndoo por Deus? ¡Non o pediu; mandóunolo!
-.-

Fariseos. (Piedade externa sen correspondencia interna). Tamén os hai que cheiran a beatos, así que non son fáciles de distinguir.
Mateo 15,12: "E, achegándoselle os discípulos, dixéronlle: -¿Ti sabes que os fariseos se escandalizaron ó escoitaren a túa palabra? El contestoulles: -Toda planta que non plantase meu Pai Celestial arrincarase de raíz. Deixádeos: son cegos e guías de cegos. Se un cego guía a outro cego, ambos caerán na cova... Porque do corazón proceden os malos pensamentos, os asasinatos, os adulterios, as fornicacións, os roubos, os falsos testemuños, as blasfemias. Isto é o que mancha ó home; pero comer sen lava-las mans (por poñer un exemplo, quixo dicir) iso non mancha ó home". 23,13: "¡Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que lles pechades ós homes o Reino do Ceo! Non entrades vós nin deixades entrar ós que o intentan. ¡Ai de vós, letrados e fariseos, hipócritas, que percorredes mar e terra para conseguir un prosélito; e cando o conseguides, facédelo fillo da perdición dúas veces máis cá vós!".
Lucas 5, 21: "Os letrados e mailos fariseos empezaron a razoar (quere dicir, a maquinar): ¡Pero quen é este, que así blasfema? ¿Quen pode perdoa-los pecados, senón unicamente Deus? Decatándose Xesús do que pensaban, díxolles: -¿Que cavilades nos vosos adentros? ¿Que é máis fácil dicir: "perdoados quedan os teus pecados", ou dicir, "érguete e anda". Pois para que vexades que o Fillo do Home ten poder na terra para perdoar pecados -díxolle ó tolleito-: érguete, colle o leito e vaite para a casa. E así foi: erguéndose no intre diante deles, colleu o leito e foise para a súa casa, louvando a Deus. Todos ficaron pasmados, e cheos de temor louvaban a Deus, dicindo: -¡Hoxe si que vimos cousas nunca vistas!". 11, 42: "¡Ai de vós, fariseos! Pagáde-lo décimo pola menta, pola ruda e por tódalas verduras, e deixades a un lado a xustiza e mailo amor de Deus. Pero é isto o que hai que predicar, aínda que sen descoida-lo outro".
-.-

Familia. Veño de Misa, e démonos a man; iso foi dentro da igrexa, pero, fóra? ¡Ai, Deus, con que facilidade se nos escapan as puñadas!
Mateo 12, 46: "Mentres Xesús lle estaba falando á xente, a súa nai e mailos seus irmáns presentáronse fóra buscando o xeito de falaren con el. Díxolle un: -Mira que a túa nai e mailos teus irmáns están aí fóra, que te buscan para falaren contigo. El respondeu ó que llo dicía: -¿Quen é a miña nai e quen son os meus irmáns? Sinalando coa man ós seus discípulos dixo: -Velaí a miña nai e mailos meus irmáns. O que compre a vontade do meu Pai Celestial, ese é o meu irmán, a miña irmá e maila miña nai".
Nas familias ilustres ben que lles gusta presumir dos seus parentes, ¿e nós, que somos da familia de Xesús de Nazaret? Hai que advertirlle ao lector que "irmán" en hebreo ten un sentido moi amplo pois tamén se lles di así ós parentes próximos; nós só o aplicaban para os irmáns de sangue.
-.-

Fe. Aquilo de que "ter fe é crer o que non vimos" é curto, non o explica ben; fe é crer nas verdades, así que, cando estas veñen do Resucitado, son absolutas, indiscutibles; ¡sempre!
A corrupción moral incapacita para a fe. 2 Timoteo 3, 16: "Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil para ensinar, para corrixir, para emendar, para educar na xustiza. Dese xeito, o home de Deus tórnase perfecto e competente para toda obra boa".
-.-

Felicidade. A importante é a de Aló Arriba, a Eterna, a Definitiva. ¡Se aquí choramos, que? ¡Choremos polos nosos pecados..., para non recaer!
Polo premio que lle espera ó que soporta a proba ou cumpre a Lei perfecta.

Santiago 1, 12: "Benia o home (e quen di o home, tamén se refire á muller, por suposto) que resiste na tentación, porque, como a supere, recibirá o premio da vida, que Deus prometeu ós que o aman. Que ninguén diga ó se ver tentado: "Deus é quen me tenta", porque nin o mal tenta a Deus nin Deus tenta a ninguén. O 11: Puír, reparar e restituir (7) A cadaquén téntao a súa cobiza cando o arrastra e engaiola; despois a cobiza concibe e pare o pecado; e o pecado, en consumándose, xera morte. Non vos trabuquedes, irmáns queridiños. Todo bo regalo e toda dádiva perfecta vén de arriba, do Pai dos luceiros en quen non hai cambios nin tempos de sombras. Pola súa vontade tróuxonos á vida coa palabra da verdade, para que fósemos como as primicias das súas criaturas".
Santiaguiño, moito fixeches polos galegos, que así che estou de agradecido, pero aínda me falta outra petición: ¡que igual que che din unha aperta na túa imaxe de Compostela, non deixes de esperarme na Porta de Pedro..., para corresponder comigo! ¿Que son egoísta? ¡Querer salvarse é o único egoísmo bo, saudable, eterno! ¿Non si?
-.-

Fillos de Deus. ¡Todos, agás os que renegan desta acepción!
Os que traballan pola paz. Mateo 5, 9: "Ditosos os que traballan pola paz..."
Os que imitan o perdón de Deus. Mateo 5, 46: "Porque, se amades ós que vos aman, ¿que recompensa ides ter?
Lucas 6, 36: "Sede compasivos como o voso Pai é compasivo. Non xulguedes, e non vos xulgarán. Non condenedes, e non vos condenarán; perdoade, e hanvos perdoar. Dade, e darásevos a vós: unha boa medida -acugulada, rebordada, apertada- seravos botada no voso regazo; pois coa medida que midades hanvos medir a vós".
Nas partillas de Deus non hai terzo de mellora: ou todo, ou nada, segundo o merezamos!
-.-

Fin (= Xuízo). A fin do individuo é segundo as súas obras.
2 Corintios 11,15: "... porque o mesmo Satanás se disfraza de anxo da luz; non é por demais que tamén os seus servidores se disfracen de servidores da xustiza. Pero a fin desa xente ha ser conforme ás súas obras".
¿Conforme ás nosas obras...? ¡Daquela teño que revisar as miñas, poñelas a punto!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES