Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A derradeira palabra

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 03 de julio de 2025
A lingua galega ten dúas palabras de significado parecido; pero diferente: "última" e "derradeira".
Por eso podemos dicir:
A ÚLTIMA vez que vira a fulanito foi hai vinte anos e case non o recoñecía.
Espero velo máis a miúdo a partir de agora.
Pero se digo:
A DERRADEIRA vez que vin a fulanito foi hai vinte anos, significa que nunca máis poderei volver a velo.
A derradeira é a última da última, cando non hai continuación.
POIS BEN:
O ser humano pasa moitas probas ó longo da súa vida.
A derradeira proba é a morte.
-Para un ateo, supoño eu, coa morte acabará todo.
-Para un crente a morte é unha proba pola que ten que pasar para volver á súa ORIXE que non é outra que a Casa do Pai.
¿ONDE ESTÁ A DIFERENCIA?
-Un crente chora polo que se foi; pero teno presente na oración a través de Cristo resucitado e sabe que chegou a á Casa do Pai onde goza eternamente da presenza divina.
Para un crente: a vida continúa porque o crente cre na transcendencia, cre no Deus da vida.
Para un crente a morte NON TEN A DERRADEIRA PALABRA.
-Un ateo chora polo que se foi; pero non cre que en Deus, non ve continuidade; para el a morte TEN A DERRADEIRA PALABRA.
VIVIR NOUTRA DIMENSIÓN
Certo que non se pode demostrar científicamente que a vida continúe despois da morte corporal.
Por eso un crente non pode demostarlle a ninguén que a vida continua despois da morte, aínda que sexa noutra dimensión.
Pero tampuco un ateo pode demostrar o contrario.
É cuestión de fe.
¿FE EN QUEN?
Os católicos cremos no Deus que dá orixe a todo e sotén todo.
O Deus do Antigo e do Novo Testamento manifestado na persoa do Noso Señor Xesucristo, que tan íntimamente unido está co PAI/NAI desde a eternidade por medio do Espírito Santo.
Para un crente non se precisan máis explicacións.
UN CRENTE SABE DA EXISTENCIA DE DEUS POR PRESENCIA, POR ESENCIA E POR POTENCIA.
A explicación está na Biblia.
En calquera caso: crentes a ateos precisamos apoio.
TODOS SABEMOS QUE O SER HUMANO NECESITA APOIO
Por moi valentes que sexamos, á hora da verdade, todos precisamos apoio.
Precisamos apoio a nivel humano: familia, amigos, veciños, coñecidos, incluso descoñecidos...
A familia é o primeiro punto de apoio onde medramos e imos conformando a nosa personalidade.
Os amigos dannos un apoio moi necesario porque somos sociables por natureza.
E non só definen a nosa personalidade a familia e os amigos, tamén o resto dos humanos porque todos nos necesitamos.
Vivimos en relación...
A VIDA MATERIAL NECESITA APOIO
O noso organismo é moi complexo porque está sabiamente creado e sostido por unha FORZA SUPERIOR que os crentes chamamos Deus.
Todo canto podemos percibir cos sentidos corporais conforma a materia da que estamos formados:
A vista permítenos ver as formas materiais.
O oído permítemos oír as vibracións dos obxectos do nosos entorno.
O olfato permítemos apreciar os aromas e cheiros de canto nos rodea.
O gusto: padalear os sabores dos manxares que sosteñen o noso organismo.
E o tacto: tocar, aloumiñar, palpar obxectos, animais e persoas.
E tódolos restantes órganos e aparellos que forman o noso corpo para o seu correcto funcionamento.
Todos eles precisan apoio para sosterse.
PERO HAI MOITO MÁIS
As facultades mentais que nos permiten organizar a nosa vida mental, afectiva, psicolóxica e espiritual.
Só os humanos temos a capacidade de expresarnos a través da fala e da escrita, nas diferentes linguas e idiomas.
Temos, ademáis, unha vida psicolóxica, e tamén temos unha vida espiritual que nos indica a nosa Orixe e o noso Destino, que só encontra sentido nas virtudes teologais sen despreciar as cardinais.
"NECESIDADE DAS VIRTUDES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES