Candados
							Xiz, Xulio - viernes, 28 de agosto de 2009
							  	Hai unha tendencia en procurar atar cousas que o tempo e as conductas humanas tenden a desatar ou alomenos relaxar. 
	Curándose en saúde, moitos namorados pechan un candado nun lugar público e, se é posible, proclive ó romanticismo, tirando as chaves a un río ou ó mar, simbolizando a súa unión coa dificultade de que o candado sexa despechado e retirado daquel lugar.
	Eso ocorre en Roma, en Florencia, en Barcelona  ou en Sevilla; prácticamente en todo o mundo porque, gregarios como somos, tendo coñecemento ou vendo eses exemplos vividos por outras parellas, tendemos a participar do mesmo xeito, polo si ou polo non, tentando facer eterno o que ó mellor só é flor dun día.
	Non é máis ca unha nova manifestación das vellas tendencias de tirar moedas a fontes famosas para conseguir volver velas na mesma compaña, cheos os dous de felicidade.
	En Lugo, o dos candados é moi vello. Remóntase a tradición, como mínimo, ós duros anos da postguerra nos que os rapaces da provincia facían o servizo militar en instalacións do exército, e pasaban polo Cuartel de San Fernando no momento de licenciarse. Nese momento, o candado que pechaba o macuto das súas magras pertenzas, retirábase daquela propiedade militar e pechábase na verxa exterior do xardín do cuartel como símbolo de ter superada a difícil proba dos servizos á patria.
	O cuartel de San Fernando xa non é cuartel. A rexa exterior xa non existe. Os candados desapareceron. 
	Eso non quere dicir que os antigos quintos non poidan seguir disfrutando da felicidade que producía a súa liberación. Polo que se ve, o boandanza dos candados funciona, aínda que os candados desaparecesen do seu lugar.
	En canto ós candados pechados polo amor, punto e aparte. As reglas do amor funcionan como un paso a dous, e nin todos os candados do mundo poderían garantir nada se os dous non queren. Ou,  como di o refrán (dous non reñen, se un non quere), dun dos dous.
							
							
 
							Xiz, Xulio
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora