Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora, os funcionarios

viernes, 28 de agosto de 2009
José Blanco, este verán, en Galicia foi algo máis que Ministro de Fomento. Encargouse de abrirlle portas ó Goberno para futuras decisións.

Aí está o anuncio dunha posible subida de impostos, que tivo a súa continuación nas palabras da Ministra de Hacienda indicando que se está traballando nese camiño como unha solución para ir enderezando a nave económica da nosa convivencia.

Tamén falou Blanco da contención salarial dos funcionarios, estimando que non significaría perda do poder adquisitivo dada a inflación negativa, que se prevé teña continuidade nos próximos meses.

Todo indica que o Goberno se decide pola fórmula máis doada e menos imaxinativa. En tempos de crise, suben os impostos e contéñense os soldos dos funcionarios. A primeira das medidas pode ter discusión. A segunda, seguro que ten unha acollida favorble no colectivo non funcionario, sen que os funcionarios deixen de entender unha situación problemática.

Pero todos agardamos fórmulas máis imaxinativas no Goberno dun dos paises máis importantes do mundo, para saír dunha crise da que outras nacións europeas xa están saíndo.

Que o colectivo de funcionarios disfruta dunha situación de privilexio nun tempo no que os postos de traballo poden perigar, ninguén o discute. Como tampouco se discute que en tempos de bonanza económica os soldos dos funcionarios quedan por debaixo dos da empresa privada de nivel similar.

A Xunta non ve mal a idea da conxelación. E, posiblemente, diante da situación planteada se se fai unha enquisa entre o funcionariado tampouco estaría en contra a maioría.

Pero unha cousa hai que ter en conta: Todo se orienta hacia os máis controlables, hacia as nóminas claras, hacia os sectores de tipo medio. ¿Cando o Goberno se decidirá a coller polas cornamentas os touros ben negros da economía que non se ve?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania