Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miña nai, miña naiciña

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 24 de julio de 2025
Nas cantigas populares galegas, aparecen letras que nos fan arrepiar a alma e o espírito e delas vou poñer dous exemplos:
Miña nai, miña naiciña
coma miña nai ningunha,
que me quentou a cariña
coa calorciña da súa.

Ou os outros versos que nos din:
Miña nai como é tan pobre
e non ten pan que me dar,
éncheme a cara de bicos
e logo rompe a chorar.

Pero non é so o cancioneiro popular o que nos indica, que una nai é o tesouro de cada un de nós. Foi esa muller que nos levou nove meses no sei interior para xestarnos e logo, con tremendas dores nos trouxo á luz da vida. Unha nai, é esa muller que despois de ternos no seu interior nove meses, de parirnos con grandes dores, os meses seguintes da nosa evolución aínda nos segue dando de comer do seu propio corpo amamantándonos diariamente ata que nós mesmos e por natureza propia, rexeitamos ese tipo de alimento.
Unha nai é o máis sagrado de cada un de nós, porque é a nosa fonte que ametea vida e nos da a forza da felicidade. Unha nai, é ese ser que se desvive por nós día tras día, ano tras ano, sempre, toda a vida.
Hoxe vou narrar unha triste historia dunha filla e dunha nai. Unha nai que tivo unha das máis tristes historias que a un ser humano lle pode pasar e con un final máis triste do que un se pode imaxinar. Mira, le e cavila.
Era unha muller que tiña catro fillas. A vida pagoulle moi mal e o primeiro que lle ocorre, e que lle morre o seu home. A pobre muller, enfróntase á vida ela soa con catro fillas, pero se a morte do seu home a machucou, ocórrelle algo que lle ven engadido, a filla máis nova para de falarlle e sen saber o por que?.
A nai desesperada, non para de enviarlle mensaxes intentando recuperar o amor da filla, pero esta, teimuda rexeita toda oferta da nai.
A filla máis vella fai de intermediaria, pero a máis nova montada nas súas trece, rexeita unha e outra vez o diálogo con súa nai.
Os anos van pasando e a relación nai e filla non progresa. A filla segue sen querer saber nada de súa nai, mentres que, súa nai se mergulla na tristeza de haber perdido ao home o sobre todo, á filla máis nova e sen saber que foi o que lle puido pasar.
Pasan os anos, moitos anos, e como se fose unha iluminación divina ou de un anxo baixado do ceo, un día, por fin, a filla máis nova xorde do inframundo e pretende volver a coller a relación perdida con súa nai. Para elo, chama a súa irmá a máis vella, a irmá que facía de intermediaria entre a nai e ela.
A máis nova, ponse en contacto con súa irmá a maior e explícalle, que quer recuperar o tempo perdido con súa nai e volver a ser unha familia como Deus manda. Así é que, ponse en contacto con súa irmá e vense nunha cafetería para tomar algo e ao tempo, expoñerlle de que as volva a unir.
Chegado o día e a hora, ambas irmáns xúntanse na cafetería acordada e así, unha vez xuntas, falan do acontecido neses últimos anos. A distancia e separación que houbo entre nai e filla. Unha separación sen motivos nin razoamento, pero que durou moitísimos anos.
A filla maior, deixou que súa irmá falara e lle relatara todo de por que lle deixou de falar a súa nai, pero a máis nova non tiña escusa e so lle puido dicir, que foi como un refacho de vento que lle pasou pola cabeza.
A irmá máis nova, observa como a súa irmá a maior lle escorren ás bágoas polas meixelas, pero non fala palabra. Cos ollos totalmente mollados, olla para súa irmá con dor e compaixón, pero nada responde.
Ao final, a filla máis nova, coméntalle a súa irmá, que se poña en contacto con súa nai, que lle comente que todo se acabou e que lle perdoe e que busquen un momento, sexa cal sexa, para facer un reencontro.
Súa irmá, colleu un pano e limpou as bágoas e ollando directamente ao ollos a súa irmá a pequena, entre saloucos díxolle, "agora, querida irmá, chegaches tarde, xa non pode a ver xuntanza, pois mamá finou fai cinco anos, e finou chea de dor, pola túa culpa".
A filla máis nova, sentíndose culpable, leva anos laiándose da súa mala decisión.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES