Mateo e Uxía (10)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 03 de julio de 2025
Capítulo décimo
(Historia de ficción. Os relatos históricos son reais)
Outra das cousas que nos fixeron foi fomentar o analfabetismo. Ás escolas só podían ir os fillos dos ricos, pero os mestres que mandaron para atendelos, eran sempre castelás, sobre todo estremeños e andaluces coa idea de eliminar ou exterminar o idioma galego, porque eses mestres tiñan como única misión inculcar aos nenos o idioma castelán e o odio e a fobia ao idioma galego, cuestión que aínda acontece hoxe, estando o noso idioma protexido pola Constitución Española e o Estatuto de Autonomía. Pero ben, tamén hai que ter en conta, que Galicia sofre aínda hoxe esa represión e a proba está en que Galicia, xunto con Estremadura temos os salarios e as pensións máis baixas de España, comenta Mateo. E tamén teño que dicirche, miña querida Uxía, que meu pai fixo o servizo militar en 1972, e no campamento militar, dos 800 recrutas que había, oito eran analfabetos, unha auténtica barbaridade.
Non só fomentaron o analfabetismo na nosa terra, se non que tamén nos prohibiron a recolleita de olivas para facer aceite, porque era mellor que o do sur, pero como acababan de reconquistar o Reino de Granada, así quedaban como Deus favorecendo a elaboración do aceite en Andalucía, pero a iso, temos que engadirlle, que nos obrigaron a queimar os viñedos para que non tivéramos produción de viño, como tamén nos prohibiron a colleita do liño que eramos o potencial Europeo, para favorecerlles aos cataláns co algodón, e un longo etcétera.
E referente á prohibición do idioma galego, outra das cousas que nos fixeron foi a de traducir a sabe o demo que idioma, os nosos topónimos e apelidos, pois todo o que soara a galego, tiña que ser exterminado.". Uxía pregunta, "cando dis -sabe o demo a que idioma- refíreste por exemplo a Sanxenxo que o traduciron por Sanjenjo cando en realidade debería ser San Ginés en castelán?. Ou o apelido Sanxurxo que o traduciron como Sanjurjo, cando debería ser San Jorge?, recalcou Uxía. "Exactamente, tal é como dis, respondeu Mateo e así centos de topónimos e apelidos. Uxía, Galicia é o país de Europa con máis número de topónimos.
Uxía faille a Mateo outra máxica pregunta, entón como é que o idioma galego sobreviviu. Pois moi fácil, sobreviviu grazas aos mariñeiros e aos labregos que vivían na alta montaña e no interior, pois nin no mar nin na alta montaña podían controlar aos galegos. De feito xa ves como as cidades e pobos que lindan co mar, sempre falaron castelán polo control do exército castelá. Pero ben ves o nivel de colonización que ten hoxe o noso idioma, e cando un pobo perde o seu idioma, perde a súa propia identidade, pero claro, aos galegos hoxe, impórtanos un pito a identidade, porque entre outras cousas non saben o que é. Por exemplo, hoxe en día comemos e bebemos o que nos mandan as televisións.
Mira Uxía, a vacina que nos meteron os Reis Católicos de patriotismo español foi tal, que aínda hoxe en día duran os efectos. Pero o malo é, prosegue Mateo, que aos españois dúralles o que a eles tamén lles fomentaron, de que os galegos somos os bufóns e paletos do país. E non se decatan de que seguen hoxe en día con ese lema.
Póñoche un exemplo, os versos de Rosalía de Castro que din entre outras cousas:
Castellanos de Castilla,
tratade ben ós galegos;
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros.
Tamén en Madrid e ata os anos sesenta da pasado século, nas estacións do tren nos berraban:
-Pasajeros al tren y gallegos también-.
Ou sexa, di Mateo, éramos gando para eles por iso dicían "pasajeros" e logo, y gallegos también. Pero claro, para eles xa pasou á historia e non debemos lembralo, e quen o lembra, para eles é un "separatista. Mateo, comenta Uxía, ti es separatista?. Pois verás Uxía, vouche contestar cunha frase do gran Castelao . A todo isto, hai que engadir que sempre nos trataron como borregos. Viñan a Galicia á busca de rapazas novas para criadas de servir e moitas delas quedaban despois na rúa preñadas dos señoritos ou dos seus fillos, pero había que calar que era peor, eles tiñan o poder. De onde cres que veñen os apelidos -Rey, Conde, Marqués, Expósito ou Iglesias?, pois veñen de que nalgunha xeración, houbo unha rapaza preñada e solteira e de por riba, quedaba marcada para sempre, porque por "compaixón ou humanidade", as altas xerarquías concedíanlle ese apelido ao non ter un pai recoñecido legalmente.
"Mateo, comentou Uxía, agora que o dis, comentábame meu pai que cando el era un rapaz novo, cantábase moito unha canción que tiña unha estrofa que dicía:
Cando me falan de España sempre me fago esta pregunta, que se España é miña nai, eu son un fillo de...
Si Uxía, respondeu Mateo, sempre nos trataron do peor do mundo, pero nós temos que esquecer, eles non, pero nós si. Só lles servimos para traballar, porque a fama de traballadores témola gañada en todo o mundo, pero claro, aqueles escravos galegos de antes xa non existen, aqueles que un día deixaron os campos e as terras á busca dun futuro mellor, aqueles loitadores acabáronse, porque os tempos dos parvos tamén se acabaron e dóelles e dóelles moito. Mira Uxía, nunha ocasión o Marqués de Romanones, saíu aos seus campos a ver como ía a sega que lle facían os contratados galegos en Castela. Como era pola tarde e os galegos non soportaban tanta calor, traballaban de madrugada e durmían pola tarde, e o criado do marqués en ton burlón díxolle -mire señor marqués, como duermen los gallegos. Ao que o marqués lle respondeu, déjalos que duerman, que Dios nos libre el día que despierten-. E iso mesmo nos di o himno galego -Desperta do teu sono, fogar de Breogán-".
Conclusión, dixo Uxía, que nos amestraron como ovellas. Seguimos sendo ovellas e como tales nos tratan. Mentres que os vascos e os cataláns por rebeldes, sempre levan a mellor parte do pastel. É como unha familia con moitos fillos, o bo é que levas as rifas e as hostias e o máis malo, tódolos agarimos e premios. Nunca mellor dito Uxía, alegou Mateo.
Moi interesante, opinou Uxía, pero van ser as dúas e temos que ir comer, meus pais non son dos que comen tarde. E pola tarde a onde imos?, lle dixo Mateo a Uxía. Non sei, non sei, respondeu Uxía, esa pregunta coido que trae retranca!. E logo?, respondeu Mateo. Tranquilo home, que xa te entendo, ti o que queres é que vaia durmir a sesta contigo, pois non é pedir nada malo, ou?, di Mateo. Non. A verdade é que non, pero eu vou cunha condición...!, cal?, dixo Mateo, "pois que en vez de durmir, esteamos espertos...!. Trato feito, dixo Mateo.
CONTINUARÁ o día 10 de xullo de 2025.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)