Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 11: Puír, reparar e restituir (4)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 18 de julio de 2025
Arrepentimento. ¡Ai, Deus, que con só teclear esta verba xa rilo os dentes do pánico que me dan os meus pecados, as miñas faltas, as miñas omisións!

Lucas, 15, 7: "Pois asegúrovos unha cousa: No Ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove xustos que non precisan conversión".
¡Mirade se é importante a conversión dos pecadores, que ata no Ceo fan festa; e nós, que? ¡A nós incúmbenos o agradecemento; farémolo, terémolo?

-.-
O 11: Puír, reparar e restituir (4)
Baixada aos infernos

Mateo 27, 51: "Entón o veo do Santuario rachouse en dous de arriba abaixo. Tremeu a terra, as rochas fenderon, e abríronse os sepulcros. Moitos corpos dos santos que estaban mortos resucitaron. E despois que El resucitou saíron dos sepulcros, entraron na cidade santa e aparecéronselles a moitos. O centurión e mailos que con el gardaban a Xesús, vendo o terremoto e todo o que pasaba, dixeron aterrados: -Verdadeiramente este era o Fillo de Deus. Había alí, mirando desde lonxe, moitas mulleres que seguiran a Xesús desde Galilea para servilo. Entre elas estaba María Magdalena, María a nai de Santiago e mais de Xosé, e a nai dos fillos do Zebedeo".
¡As mulleres; seguindo a Xesús, mentres os homes se escondían e/ou o negaban!

-.-

Bautismo. Mirade se lle dan importancia na miña parroquia que lles pareceu pouca cousa a pía vella dos bautizos, e puxeron unha nova, boísima, artística, pero..., agradecidos pola labor que desempeñou a vella, deixárona, conservárona, no pórtico da igrexa!

Mateo 28, 18: "Xesús, achegándose, díxolles: -Déuseme todo poder no Ceo e mais na terra. Ide, pois, e facede discípulos meus a tódolos pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que estarei sempre convosco ata a fin do mundo".

¡Oh, Deus, que ledicia, e que agradecemento polo noso bautizo! Agora que o penso: Só me encomendaron un bautizo, precisamente aló en Ifni, e a nena morreu de moza.
¿Unha pena? ¡Non; unha ledicia, pois agora teño unha "madriña" no Ceo! ¿Segue sendo costume solicitar os apadriñamentos ás persoas ricas? ¡Polas trazas, coido que si, pero habería que ir pensando en O 11: Puír, reparar e restituir (4) propoñérllelos ós santos / ás santas, pois o mellor regalo dos padriños, ao longo dunha vida, é a súa exemplaridade con respecto á educación do neófito!

-.-

Camiño. Polo meu Castroverde pasa o Camiño de Santiago, o primeiro deles, aquel que consagrou o Rei Afonsus II, pero, estou eu no Camiño do Ceo, teño, ou terei, que desandar rutas equivocadas?

Xoán 14, 4-6: ¡É para ler, para lembrar, cada día, tódolos días, xa antes de afeitarse! "Díxolle Tomé: -Señor, se non sabemos onde vas, ¿como imos sabe-lo camiño? Xesús respondeulle: -Eu son o Camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis que por min. Se me coñecésedes, coñeceriades tamén a meu Pai; aínda que xa desde agora o coñecedes e o tedes visto".

O Ceo. Dous: O que tiven, e mailo que espero acadar, Deus mediante.

Do primeiro aporto esta proba, dúas fotografías da celebración dos 50 anos do noso casamento, "Vodas de Ouro".

-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES