Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 11: Puír, reparar e restituir (3)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 15 de julio de 2025
Alegría. Si, sempre, pero da boa, da limpa; sen pantomimas. (Pantomimas: Acción ou actitude finxida, con ánimo de enganar; de enganar, ou de enganarse!).
Lucas 10, 21: "E naquel momento exclamou cheo de gozo do Espírito Santo: -Bendito sexas, Pai, Señor do Ceo e mais da terra, porque lles agachaches estas cousas ós sabios e ós prudentes, e porque llas revelaches á xente humilde. Si, meu Pai, bendito sexas por che agradar iso así. Meu Pai ensinoume tódalas cousas, e ninguén coñece ó Fillo a non se-lo Pai, nin coñece ó Pai a non se-lo Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar".
O 11: Puír, reparar e restituir (3) Xesús viviu con inmenso gozo esta realidade, estes momentos exultantes; nós, que témo-los ollos abertos ao cristianismo, participamos, ¡se queremos participar, por suposto!, desa mesma felicitade. ¡Non a refuguemos!
Carta aos filipenses. (Escrita por Paulo desde a súa cadea). Estar alegres. "Estade sempre alegres no Señor. Repítovolo: estade alegres. Que todo o mundo vexa o bos que sodes. Non desacouguedes por cousa ningunha. En todo presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de gracias. E a paz de Deus, que supera toda intelixencia, custodiará os vosos corazóns e os vosos pensamentos en Cristo Xesús".
¡Ai, Paulo, Paulo, ti si que nos deches exemplo, pasando de atacante a defensor! ¡Tíranos deste cabalo da ignorancia e da soberbia, para que, tamén nós, desde a terra vexamos o Ceo!
Carta aos hebreos, 13, 16: "... e que non vos esqueza mirar uns polo ben dos outros, que eses son os sacrificios que lle agradan a Deus".
Desde Caín sempre nos anubrou a envexa, pero neste XXI, polas trazas, pouco a mellor imos: aí temos o caso dos políticos, que tanto presumen de mirar polo ben dos outros...; ¿e será por iso que, algúns, adoitan facer as evasións das súas divisas poñéndoas a nome da súa familia?
-.-

Amor aos inimigos; si, aos inimigos!
Mateo 5, 43; e Lucas 6, 27 e 32: “Tedes oído que se vos dixo: ”Amarás ó teu próximo e aborrecerás ó teu inimigo”. Pero eu dígovos: amade ós vosos inimigos, e pregade polos que vos perseguen. Así seredes fillos de voso Pai que está no Ceo, que fai saí-lo sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos. Porque, se amades ós que vos aman; ¿que recompensa ides ter? ¿Non fan o mesmo os recadadores de impostos? E se saudades soamente a vosos irmáns, ¿que facedes de máis? ¿Non fan outro tanto os pagáns? Daquela sede bos sen exclusivismos, como o voso Pai Celestial é totalmente bo”.
Aínda que non fose de precepto relixioso, nun bo pragmatismo gáñase moito cos inimigos; xa o teño dito, mil veces: ¡Canto lles debo ós inimigos, xa desde a escola! Se non fose por aqueles desprezos que me fixeron os compañeiros que pasaran aos estudios medios e superiores, de onde sacaría eu os azos para entregarme, despois, ao estudo intensivo, fose por libre ou por oficial, ao que me consagrei ata os 60 anos, exactamente ata que o fixen coincidir coa miña xubilación na Banca? Pero isto foi unha circunstancia de tipo persoal; o xeral, o colectivo, o que está mandado, ¡nada menos que polo Mestre!, é todo iso que recolleron os apóstolos: ¡Nin con aquela sublevación satánica do Paraíso deixou Deus de quererlle ao home, tanto que nolo leva demostrado.
Deus é amor. ¡E a nosa correspondencia, que? A verba “amor” é tan agarimosa que se explica por si mesma..., pero precisamente por iso, pola súa bondade, préstase moito á falsidade, á hipocrisía; daquela hai que tratala con agarimo, pero, do verdadeiro!
O amor é comuñón? ¡Pois claro, e se o dubidamos preguntémoslle a Xoán, que non se cansou de explicárnolo no seu Evanxeo.
Xoán 3, 14: “Como Moisés alzou a serpe no deserto, así debe ser alzado (crucificado) o Fillo do Home, para que todo o que cre nel teña vida eterna. Pois de tal xeito amou Deus ó mundo que lle deu o seu Fillo Unixénito para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna”.
12, 26: “Se algún quere servirme, que me siga; e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao honrar o Pai. Agora o meu espírito está turbado. ¿E que hei de dicir: Pai, sálvame desta hora? ¡Pero se para iso cheguei a esta hora!”.
O seguimento de Xesús, ¡amor con amor se paga!, debe ser común a todo bo discípulo de Cristo. Pola súa parte, ¡a reciprocidade, exixencia do amor!, Xesús prometeu aos que o sigan un posto onde El estea).
13, 34: “Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vos. Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns aos outros”. ¿Que; elocuencia divina, sublime, non si? Mirade o malos que somos, que nin con esas...!
-.-

Anxos. ¡Anxos, en principio, éramos todos, comezando polo Satán e seguindo pola Avoa, pero Deus é tan bo que se pasa: concedeunos o libre albedrío, e nós rompemos o molde!
En relixión só teño unha dúbida: Aquel Caín sería fillo de Lucifer ou de Adán? Unha muller que acepta as mazás dun forasteiro, e máxime daquela que andaban sen bragas..., desconfío dela!
O pecado orixinal foi transmisible porque o Adán e maila Eva tiveron os fillos despois da sublevación, pois, se os fixesen antes, nós, os descendentes, seguiríamos sendo anxos en vez disto, disto que somos, e que, como tales nos portamos. As almas impregnan os corpos, e por iso se transmite a pecaminose cos gametos, na fecundación.
¿As mulleres, máis cerca dos anxos cós homes?:
Mateo 28, 5: “Mais o anxo díxolles ás mulleres: (¡Ás mulleres, e con iso e con todo non lles deixan subir ó presbiterio!). -Non teñades medo; ben sei que buscades a Xesús o crucificado. Non está aquí; resucitou tal e como dixera. Vide ve-lo sitio onde estaba. E ide axiña dicirlles ós seus discípulos: (¡Elas, embaixadoras dos anxos!). “Resucitou de entre os mortos e vai diante de vós en Galilea: alí o veredes”.
-.-

O 11: Puír, reparar e restituir (3) Aparicións do Resucitado. ¡Aquelas si que foron Actas Notariais e non as dos nosos Notarios!
Mt 28, 1-20; Mc 16, 1-20; Lc 24, 1-49; Xn 20, 11, 21,14; Feit 1, 3ss; 1 Cor 15, 3-8. ¿Que; chégannos as luces? ¡Só nos falta palpalo, como fixo Tomás coas cicatrices do Resucitado!
-.-

Apóstolos. Paulo: 1ª aos Corintios: 9, 16-23: "Porque o mero feito de predica-lo Evanxeo non é para min gloria ningunha: é unha necesidade que teño enriba de min. ¡Pobre de min se non predico o Evanxeo!".
Iso dicía San Paulo, pero, nós? ¡Nos tamén somos Apóstolos, herdeiros dos apóstolos! Estoume lembrando do que me dixo, en Madrid, en certa ocasión, a nosa Enriqueta, Enriqueta Otero Blanco,

"É moito o que temos recibido, o que temos herdado (referíase á nosa cultura), así que nesta herdanza vai a obriga de conservalo, de puílo..., e de transmitilo!". ¡Se temos esa obriga con respecto á cultura, que non será con respecto ao Cristianismo, que é a cultura sublime, a celestial, a perfecta, a definitiva!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES