Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 11: Puír, reparar e restituir (1)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 08 de julio de 2025
O 11: Puír, reparar e restituir (1)


Repasos e reflexións penitenciais

Puír: Facer que algo quede liso, sen desigualdades, protuberancias, etc., fregándoo. Reducir, eliminar, cambiar, refacer, etc., aquelas cousas que non están, ¡que non estiveron!, ben, ou que non resultan convincentes nunha obra, traballo, relación, contrato, etc.
Reparar: Preparar de novo; restablecer, restaurar; recobrar, recuperar. Devolver ao seu estado normal de funcionamento algunha cousa que ten, ou que tivo, avaría, facendo que iso desapareza. Facer algo polo cal diminúan ou desaparezan os efectos negativos ou daniños dunha cousa inxusta ou mal feita.
Restituír: Restablecer, restaurar; reparar, refacer, reconstruír; devolver. Dar ou devolver unha cousa a quen a tivera, a quen realmente lle pertencía. Deixar, poñer unha cousa no estado que tivera antes.
O 11: Puír, reparar e restituir (1)
¿Que; isto é, ou non é, un Mandamento, así, con maiúscula? Daquela, tamén toca acatalo, obedecelo!

-.-

Tres fases, ou etapas, fan unha vida normal: Preparación, execución, e..., perfección! Pero somos tan pasotas que non sempre nos decatamos delas na súa época vital, propicia, oportuna. Neste caso, neste suposto, igual non sobra participar, practicar, estas reflexións:

-.-

¿Que levo feito pola seguridade e pola paz mundiais? ¡Pouca cousa, pero teño carné diso, que xa é un principio:

¡Para que vexades que unha cousa é predicar e outra dar trigo!

-.-

Para a nosa, posible, perfección, sempre hai que acudir ao Mestre, que foi tan xeneroso cos fillos daquela Eva que nos deixou a solución de todos os problemas humanos, vivenciais; é cuestión de repasar a BIBLIA (para os galegos suxiro a de Sept) con atención e con ganas:
Abnegación: Do cristián para seguir a Xesús.

Mateo 16,27: "Porque o Fillo do Home ha vir coa gloria de seu Pai entre os anxos; entón pagará a cada quen conforme á súa conducta".
Témonos, e somos, egoístas, pero aínda así pásanos desapercibido que seguir a Cristo ten de premio unha Eternidade gloriosa. ¡O premio máis perfecto e máis completo, aínda máis do que podamos imaxinarnos!

Lucas 21,37: "Pasaba os días ensinando no templo; polas noites saía, e pasábaas no monte chamado das Oliveiras. E todo o pobo madrugaba para ir onda el ó templo, escoitalo".
Trasnoitamos para cultiva-los vicios, pero non madrugamos para exerce-las virtudes...; ¡espertemos antes de que sexa tarde para a nosa perfección, para a nosa maduración!

-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES