Réquiem por Balseiro de Foz
Timiraos, Ricardo - lunes, 30 de junio de 2025
Houbo un tempo en que Alfonso, Balseiro de Foz, quixo servir a Deus e foi estudar para cura, pero O Patrón Maior, ten os seus designios e elixeuno para vivir coma un ciudadán espallando a súa enorme homía. Isa bondade, ise compañerismo, isa xenerosidade, ise sorriso que sempre o acompañou na vida. Balseiro era así. Un cativo grande, un home sincero, un amigo de sempre para sempre... Cónstame que foi un home coas súas peculiaridades: a súa visión de Madrid, a súa afición o tiro o plato, o profundo arraigo da Terra...; pero a gran obra de Balseiro, non foi o seu traballo como responsable cós nóminas en Alúmina, senón o discreto e a súa vez moi profundo amor á familia. Aínda recordo a súa voz, sempre chea de cariño, nomeando a Loly e Cristina, muller e filla, como as xoias da súa vida. E non hei esquecer unha das últimas conversas nas presumía de neto, Bruno, que lle axudadaba á seu pai. O aquel día que o chamei para ir ó Cenima, alí en Foz, a unha exposición, obra de Xulio Xiz sobre o Poeta Obreiro, e xenerosamente nos acompañou toda a mañá.
Balseiro era o meu anfintrión en Foz xunto os dous "eternos", tamén tristemente xa noutra compaña, como eran o Bolico e Miguín. ¡Vaia trío!. ¡Cómo me gostaría vervos ós tres por un ventanuco do ceo recordando vellos tempos!
Pero agora acó quedamos, Balseiro, esperándote para a derradeira Xuntanza para que poidéramos falar moito máís longo e tendido. Porque esta mañá choramos moitos, moitos dos teus compañeiros. E cada un, co Deus que o acompaña, coas dúbidas que o abranguen, pero con iste forte dor que nos queima o corazón. Notamos, como unha grosa lousa, o pesar da túa ausencia. ¡Foz, esa terra amada das nosas vidas!, ¡aquel Foz de tantos san Lorenzo! ¡Aquel Foz onde espallaba os meus soños poéticos... nunca volverá ser Foz sin a túa presencia!. Mentras os nosos e teus compañeiros roemos o dor da túa ausencia, mentras a música hevy metal resoa no noso querido Viveiro, mentras as geivotas na Rapadoira chían porque saben quen lles daba amor, acó, naquel Colmenar Viejo onde fixeches a mili, un amigo e compañeiro trata de arrincar as espiñas daquela cruz. Con bágoas na ialma, Amigo.

Timiraos, Ricardo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora