Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entendemento

jueves, 27 de agosto de 2009
Que ben van as cousas cando van ben¡. Que gusto da ver que dous líderes, de diferente ideoloxía e polo tanto partido, se poñen de acordo tratando temas institucionais¡.

Pois esa sensación respírase despois da xuntanza do Presidente da Xunta de Galicia co Secretario de Estado para as relacións coa UE – Srs. Núñez Feijóo e López Garrido- que trataron temas relativos a este País, con perspectiva de diálogo e de inmediato futuro, quedando todos contentos: eles e todos nós.

Estamos tan afeitos ós desencontros institucionais que nos asombra e comprace ver que as dúas autoridades comprenden a importancia do Xacobeo 2010 para Galicia e para España, e o goberno da Nación, do Partido socialista, vai arrimar o ombreiro na promoción dun acontecemento que vai a situarnos en moi xeitoso lugar da actualidade europea.

Por outra parte, e como España vai ostentar a presidencia europea durante o primeiro semestre do próximo ano, Galicia –punta mais avanzada da Europa continental hacia occidente- pode e debe ser punto de encontro dos políticos europeos para mellor situarnos no mapa político da UE, e tamén para destacar ese Xacobeo do que tanto agardamos.

Diante de danto desencontro, de enfados e loitas, ¡que ben poder dar a noticia deste entendemento oficial entre os gobernos de Galicia e España!. E se esto segue en outros campos e acontecementos, aínda moito mellor.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania