Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasaporte xacobeo

miércoles, 26 de agosto de 2009
O Camiño de Santiago (os camiños) é un mundo, ou alomenos unha gran nación, habitada apor xentes que conflúen na capital de occidente na percura da tumba do Señor Santiago, sabendo que ó camiñar, ó facer camiño, están desenvolvendo aptitudes, realizándose como persoas, entrando en comunión cos millóns que os precederon e mantendo aberto o espíritu do Camiño para os que veñan despois.

Para camiñar hacia Santiago hai que ser titular dun pasaporte, nunca expedido físicamente, que habilita para entrar na dimensión especial dos peregrinos, habitantes dun mundo diferente. Ese pasaporte vai impreso na conciencia de cada quen, identificando ó seu propietario, capacitando ó portador para todas as heroicidades e para superar todos os atrancos.

Pois agora vai tamén haber outro pasaporte (este físico), que dará facilidades de tipo económico ós peregrinos e fomentará o comercio das zonas por onde pasa o camiño que a fe que move montañas na actualidade ten moito de ocio e provoca o negocio, que en definitiva nos parece moi ben xa que Galicia -e especialmente os lugares por onde pasan todos os camiños a Compostela- precisan de elementos de progreso e integración nese mundo especial da Unión Europea, na que os Camiños teñen ingresado hai case un milenio.

Benvido o Pasaporte Xacobeo se é un elemento de promoción e riqueza para os Camiños, e para os galegos que viven e traballan á súa beira. Que o próximo 2010 ten que ser o Xacobeo máis concorrido da historia, e todos os anos que veñan despois serán outros tantos Xacobeos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES