Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ciencia explica...

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 26 de junio de 2025
Ninguén pon en dúbida que a ciencia esperimentou uns avances xigantescos nos últimos tempos en tódolos campos, incluido o da Medicina.
De feito a miúdo vemos nos medios de comunicación e nas revistas científicas que aparecen novas técnicas para tratar novas enfermidades: sobre todo tumores.
Os investigadores dedican a súa vida a descubrir novas formas de tratar as doenzas para mellorar a calidade de vida das persoas.
É moi admirable o seu valioso labor.
Hai que ter moita fe na ciencia porque nos pon remedio a moitos males.
A ciencia dános explicación moi válidas; pero...
¿QUEN FAI OS DESCUBRIMENTOS CIENTÍFICOS?
Seres humanos con mente prodixiosa que investigan, investigan e seguen investigando.
Entregan as súas vidas á investigación.
Grazas a eles moitas enfermedades erradícanse e outras alívianse.
De feito os coidados paliativos están para eso.
O seu labor non hai cartos que o paguen.
¿TEÑEN MOITO MÉRITO OS CIENTÍFICOS?
Moitísimo porque do seu traballo derívase mellor calidade de vida para moitas persoas.
Se temos saúde, xa somos ricos.
E se nos falla e poden poñernos remedio, tamén.
Desto saben moito os países que non poden dedicar presupostos para a investigación porque non teñen suficiente para alimentar á poboación.
Debe ser moi triste morrer por inanición.
Ós que nos tocou nacer e vivir nun país cun bo nivel de desenvolvemnto en tempos de paz, podemos considerarnos privilexiados.
¿TEÑEN OS CIENTÍFICOS UNHA MENTE INFINITAMENTE SABIA?
Non, claro que non.
Por esa razón non poden darnos a solución a tódolos problemas.
A ciencia ten límites como todo canto pode facer o ser humano.
¿DEBEMOS APOIAR A CIENCIA CANTO MÁIS MELLOR?
Si, claro que si.
De feito o que se invirte en investigación é insuficiente para as necesidades que aparecen.
Moitas persoas en situación límite, solicitan que se incremente o presuposto dedicado a investigación, porque teñen a esperanza de que apareza un remedio para a súa doenza en calquera momento.
MEDIOS INSUFICIENTES PARA INVESTIGAR
-Nin os presupostos son suficientes.
-Nin a mente humana é capaz de comprender moitos dos misterios que nos presenta a vida.
Por outra banda, están aparecendo tódolos días doenzas novas que chamamos enfermidades raras.
¿CANTO SUFRIMENTO HAI NO MUNDO!
¡Cantas persoas sofren esas enfermidades raras!
E outras que non son tan raras, pero tampoco teñen solución.
¡Cantas persoas se ven obrigadas a convivir con enfermidades raras e non tan raras, toda a súa vida!
Nenos, adultos, anciáns...
A enfermidade non respeita idades, nin xénero, nin clases sociais, nin razas, nin relixións, nin linguas...
Certo que os que gozan dunha situación económica privlilexiada poden pagar os mellores médicos do mundo; pero aínda así: Os ricos tamén morren.
TODO SER VIVO, MORRE UN DÍA OU OUTRO
Nacer é un milagre porque só ese ser superior que os cristiáns chamamos Deus, pode crear vida; pero morrer é algo natural.
Morrer é algo moi natural pero, aínda así, ninguén quere morrer.
A DOR E A ENFERMIDADE FORMAN PARTE DA VIDA
A Medicina axúdanos ata onde pode.
A Ciencia avanza; pero quédase corta e todos sufrimos...
¿A QUE AGARRARNOS?
Á Ciencia na medida das súas posibilidades, eso sempre.
E no caso dos crentes: temos o consolo de que o Noso Señor entregou a súa vida pola nosa salvación e permite que colaboremos con él na redención do mundo unindo a nosa cruz á súa.
A cruz levámola todos ás costas; pero se podemos ofrecela por alguna causa xusta, resulta máis levadeira.
E se despois da morte cremos que o mesmo Espírito que resucitou a Cristo, tamén nos resucitará a nós, a cousa cambia.
Para un cristián a morte non ten a derradeira palabra.
"A DERRADEIRA PALABRA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES