Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

La colección

Santalla, Iago - miércoles, 25 de junio de 2025
'La colección' é unha obra de teatro de Juan Mayorga, cun elenco de primeira categoría capitaneado por José Sacristán que abandeira unha fantástica tripulación composta por Ana Marzoa, Ignacio Jiménez e Zaira Montes. Na obra preséntasenos unha parella que ten como obxectivo asegurar a continuidade dunha colección.

Logo o tema fundamental é o legado. Sobre el, podemos facer dúas lecturas: a primeira é a necesidade humana de que o esforzo vital sobreviva ao noso ser feble e efémero a través dos nosos devanceiros. A segunda é o materialismo humano de xuntar cousas e valores como se vivíramos nunha eternidade.

A primeira lectura lévanos á necesidade que temos de transcender, de vivir naquilo que pase polos ollos dos devanceiros. Esta necesidade faise obvia nos cemiterios que realmente son un lugar no mundo que deixa constancia perenne de que unha persoa ou unha familia existiu.

A segunda lectura é a avaricia de querer dispoñer como se debe tratar o que é teu máis alá da morte. Respectable ou non, era o que facían as culturas antigas (véxase Exipto) ao enterrarse cos seus obxectos persoais.

Se levamos o tema ao inmaterial, podemos ver no legado a dignidade duns valores que fixeron evolucionar á sociedade cara á convivencia e á liberdade. Polo tanto, é necesario legar, tendo en conta que o propio legado, alén de manter unha memoria viva en amor e valores, pode tecer obrigas duras que limiten vidas máis alá da vida extinguida de quen lega.

Cara ou cruz, cada quen que pense.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES