Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Don Xosé

Rubia, Xoan - martes, 24 de junio de 2025
O pasado venres día 20 cumpriuse o segundo aniversario do pasamento de Don Xosé Deus, un senlleiro veciño da vila de Mugardos que co seu traballo deixou unha significativa pegada no que concirne a construción e botadura de grandes buques dende unha grada inclinada. Nunca un barco como aquel "Arteaga" de 323.000 toneladas, xa hai disto máis de cincuenta anos, fora botado ao mar deste xeito. O cálculo da elasticidade do berce de madeira da grada débese a don Xosé Deus, considerado un dos maiores expertos mundiais nas botaduras deste modo de grandes buques. Don Xosé Aquilo levantou tanta expectativa que viñeron técnicos estranxeiros a presenciaren máis que a botadura, a ver como se crebaba aquel barco no seu contacto co mar. Quedaron coas ganas. Foi todo un éxito que deixou precedente e don Xosé Deus pasou a formar parte dese grupo elixido de enxeñeiros cuxos traballos figuran, ou deberan figurar, nos anais da enxeñería naval.

Era coñecido na vila como "Cheiño", apelativo agarimoso de Xosé, Sé, Seíño e... Cheiño. Acostumaba pasear case sempre a beira do mar da súa vila deténdose a falar cos amigos e veciños das súas incribles aventuras entre as que destacaba unha polo mar de China ou a recuperación dun submarino a máis de cincuenta metros de profundidade nas augas de Sudáfrica . Historias entrañables que formaban parte consubstancial do xeito de ser da personaxe.

Hai uns anos se lle fixo un pequeno recoñecemento que consistiu na colocación dunha placa da parede do edificio do Club do Mar, pero en puridade don Xosé Deus é merecente dun recoñecemento institucional que, miren por onde, podería comezar coa publicación dun libro que xa está en fase de elaboración escrito pola xornalista Mercedes Puyol á que chamou moito a atención a personalidade do enxeñeiro mugardés. Unha publicación que abondará máis no aspecto da personalidade de don Xosé que na parte técnica da súa profesión, que tamén. Ao redor da presentación desta publicación poderíase facer algo máis e deste xeito poñer en valor o traballo deste home que viaxou polo mundo adiante explicando a razón do seu traballo e como nun estaleiro chamado "Astano" onde comezaron a construírse pequenas embarcacións de pesca púidose posteriormente colocar nas súas gradas superpetroleiros de más de 300.000 toneladas constituíndo todo un feito histórico que se debe a un traballo interdisciplinario dun equipo perfectamente coordinado baixo a dirección de Xosé González Llanos do que formou parte moi importante o noso protagonista don Xosé Deus López. Di aquel refrán que: "De ben nacidos é ser agradecidos" e Mugardos debe selo cos seus fillos sobranceiros entre os que sen dúbida se atopa don Xosé Deus.

Foto: Xoan Rubia
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES