Homenaxe a Xulio Xiz
Fernández López, Ángel - domingo, 22 de junio de 2025
Amigo Xulio, son consciente de que no teu medio familiar recibiches unha enorme protección física e afectiva e que tamén fuches asimilando valores, códigos morales e creencias propios de ese contorno que, sen dúbida, deixaron en ti unha urdimbre afectiva imborrable que te acompañará da cuna a sepultura.
Sen embargo, debemos pensar que o teu código xenético non é determinista e por iso che permitiu, no teu periplo polo mundo, realizarte, ser quen es e proxectarte de cara ós demais, ata convertirte nun gran trovador, escritor, divulgador e animador da vida cultural dos pobos e de xeito especial do de Paradela, porque aínda que tes as túas raíces e os teus sentimentos máis íntimos na Terra Chá, tamén atesouras aquí querencias forxadas ao longo de máis de medio século que che veñen de personaxes tan ilustres e queridos coma o noso bo amigo o cura Xesús Mato, ou do escritor e gran poeta de Paradela Manuel-Oreste Rodríguez López, así como do xenitista Santiago Rodríguez, fillo do noso gran poeta.
A ti Xulio cábeche a satisfacción de habelos honrado e chorado, tanto a Xesús coma a Santi, no acto de homenaxe que a ambos lles tributou o concello de Paradela con motivo do seu pasamento.
Eu, humilde pensador, considérote un gran humanista porque tes unha actitude vital basada nunha concepción integradora dos valores humanos, e porque tamén proxectas por onde queira que vaias sensibilidade, compasión, benignidade e afabilidade, e dentro dese humanismo tan consustancial a túa personalidade, debo sumarche o gran amor pola nosa lingua, o galego, símbolo de identidade da nosa terra e ferramenta que mellor se axeita para adentrarnos no coñecemento dos nosos valores e tradicións, en definitiva, da nosa historia. Partindo dese amor pola nosa lingua poderiamos afirmar que Xulio forma unha harmónica empatía con ela, ata o punto de producirse unha verdadeira simbiose: "Ti es o galego e o galego es ti", porque de forma llana e culta, o mesmo tempo, espállala polo mundo adiante sen outro interés que non sexa o amor que lle profesas, o que, a meu xuizo, te converte nun dos seus mellores embaixadores.
Os valores humanos do noso homenaxeado non se quedan aquí, hai que destacar o seu talante positivo, a súa voluntariedade e colaboración desinteresada. Xulio sempre está disposto a presentar os máis diversos eventos e faino cunha precisión extraordinaria, porque, tanto no seu análise coma na síntese, non lle sobra nin lle falta a palabra axeitada para deixar en bo lugar a todos os interlocutores. Coa as súas sinxelas e acertadas verbas, Xulio fai dun mal aluminio unha boa prata dourada.
Por outra banda, o noso homenaxeado, a parte de ilustre escritor, divulgador e animador cultural é tamén un gran creador e organizador de eventos institucionais como foron o bicentenario de creación do concello de Paradela, ou os 150 anos da banda de Barrido. Estes dous acontecementos grazas á pericia creativa e organizativa de Xulio Xiz , causaron gran ledicia en toda a vecindade porque reviviron neles recordos e añoranzas do seu pasado.
Es, ademais, a alma mater do certame literario que cada ano, con moito éxito, se celebra en Paradela na honra do teu gran amigo Manuel-Oreste Rodríguez López, o gran poeta de Paradela e quen, en sintonía co concello, a familia do poeta e a Xunta de Galicia, espallas o valor da súa obra polo mundo adiante.
Debemos confesar que persoas tan eficientes, voluntariosas e creativas coma Xulio Xiz ben merecen a honra de ser fillos adoptivos deste Concello e as xentes de aquí tamén o celebramos con gran ledicia, porque tú lo vales.
Moitas grazas, Ángel Fernández López
(31/05/2025)

Fernández López, Ángel