Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gripe A

lunes, 24 de agosto de 2009
O problema é que xa non se trata dunha serpe de verán que asome a súa cabeza espreitante como Nessie no seu lago, senón que é unha pantasma que está a recorrer Europa e tamén a nós, os galegos, nos intimida.

Se en xeral o tema da chamada Gripe A é un tema que á maioría non inqueda, hai unha minoría que nos seus ámbitos vitais fai constar a súa preocupación por algo que non se sabe ben ata onde chega, como se propaga, que colectivos son os máis afectados e que consecuencias ten resultar aqueixado pola enfermidade.

Nun tempo no que as vacinas parecían ter resolto calquera epidemia ou pandemia, xorde esta inmaterial ameaza que a moitos preocupa, sen base abonda para esa preocupación.

Certo que hai mortes por causa da gripe, algunhas en España, pero todas resultan ser de persoas que ademáis tiñan outras enfermidades que ou potenciaban os efectos desta ou marcaban o destino do afectado.

As autoridades académicas non negan a súa preocupación diante do próximo comezo do curso escolar pola presencia da Gripe nos colexios, pero nin se prevén retrasos no comezo do curso nin outro tipo de medidas mentres non haxa razón que aconselle unha intervención neste senso.

Nunca estarán de máis os pronunciamentos públicos en relación cos problemas de saúde, e máis neste caso para moitos preocupante.

Este outono e o inverno que veña despois haberá, coma sempre, gripes en Galicia. Confiemos nas medidas sanitarias, na información por parte das autoridades, e na nosa saúde colectiva para superar todos os episodios que se orixinen.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania