Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para un lume novo

Santalla, Iago - miércoles, 18 de junio de 2025
Non sei como pero o raio do tempo (dito no seu sentido fugaz e non como repulsa ou reproche) tróuxonos a un novo solsticio no que agroma o verán. Tempo de lecer pero tamén de catarse para ser mellores. Tempo logo de autoavaliarse para tecer aprendizaxes co fío dos erros e coller folgos para andar.

No lume novo retornamos a nós mesmos para proxectar no espello da alma unha versión mellor. Non nos teñamos medo, non nos condenemos porque non hai alma sen mácula. Fallamos porque somos libres e vivimos na nosa esencia: un lume que nos define e acolle a quen con nós camiña. Un lume que nos aquece os erros para cociñar aprendizaxes. Un lume de afouteza que aluma unha vida nova na que xa danzan amores e ledicias.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES