Tempo de vida exuberante
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de junio de 2025
Non fai falta fixarse moito para ver que a natureza viste os seus mellores vestidos de gala nesta época do ano:
Vida vexetal: florida e fermosa.
Flores silvestres, flores cultivadas
Os agricultores recollen uns productos e prantan outros porque a terra está a punto na súa fecundidade.
O sol aloumiña a nai natureza e todo colle cor e vida propios.
Os gandeiros recolectan forraxe porque a poboación da granxa multiplícase
Os paxariños encárganse de poñer música celestial no aire cos seus rechouchíos.
A vida vida humana ábrese a celebracións laicas e relixiosas: tempo de escursións, tempo de festas patronais, tempo de romarías e tamén:
TEMPO DE BAUTIZOS, COMUNIÓNS, CONFIRMACIÓNS E VODAS.
Hoxe en día todo se fai con gran pompa, todo leva restaurante e festa incluidos ata o punto de darlle máis importancia á festa profana que os propios sacramentos.
Non deixa de ser chocante; pero en certos casos é así.
Reducimos os sacramentos de iniciación na vida cristiá a eventos sociais que tan só duran un día.
Tanto é así que moitas familias abandoan a vida de crentes porque consideran que se só se reduce a actos sociais puntuais, non merece a pena molestarse nin gastar un dineral.
E a min paréceme que levan a súa razón.
PERO NON TODOS PENSAN ASÍ:
Grazas que aínda quedan familias que son conscientes da importancia da recepción dos Sacramentos para insertarnos no Corpo Místico de Cristo e recibir as gracias necesarias para levar unha vida cristiá coherente coa nosa fe.
Estas familias precisan valentía e tesón para non deixarse arrastar polos costumes mundanos que están imperando.
Algúns confórmanse con aprender catro cousiñas do Antigo
Testamento e outras catro do Novo e xa lles parece que cumpren e que lles vai ser de utilidade na vida.
NON É EXACTAMENTE ASÍ.
A fe non se aprende só nos libros, a fe hai que vivila, hai que practicala, hai que cultivala, hai que experimentala, hai que empaparse na Palabra de Deus para comprender cal é a Porta que nos abre á trascendencia á que estamos chamados.
A fe insértanos en Cristo para darnos vida e vida plena.
É como unha froita moi sabrosa ó padal que, canto máis a padaleas, máis gusto lle colles
Os froitos da fe son incalculables porque Deus actúa desde o noso interior e reconfórtanos con seguridade, con esperanza, con tesón e valentía para darlle sentido á vida.
Se limitamos a fe a un acto social, non podemos esperar os froitos espirituais que necesitamos.
NO TOCANTE ÁS VODAS:
A parte de que, hoxe en día hainas de moitas maneiras...
As da Igrexa Católica tamén están perdendo o verdadeiro sentido que Cristo lle dá á vida matrimonial.
Se fallan os sacramentos da iniciación cristiana, falla o resto.
É como unha torre no aire, como un castelo de naipes.
Estámonos volvendo demasiado materialistas:
-¿Por que te quiero, Andrés?
-Por el interés.
E cando o interese falla, din que se acabou o amor.
Por eso hai tanta inestabilidade nos casamentos de hoxe en día.
A parte están os que se emparellan sen máis que o impulso fogoso do momento.
Non.
ESO NON TEN FUTURO.
O matrimonio non pode limitarse a unha xuntanza como quen comparte un piso de estudiantes.
Un matrimonio debe ter unhas bases sólidas baseadas no amor sen reservas.
Paréceme que deberían volver as augas ós seus cauces e replantexarse o matrimonio como unha unión de entrega duradeira nas duras e nas maduras para dar consistencia á familia en primeiro
lugar e á sociedade en segundo.
DÁ GLORIA VER:
Matrimonios crentes que se aman con tenrura, que se axudan non só nas tarefas do fogar, senón na enfermidade e nos momentos difíciles polos que un día ou outro, todos pasamos.
E OS FILLOS XA VIVEN EN CARNE PROPIA ESE MODO DE VIDA.
Consígueno porque, a parte de poñer moito empeño, contan coa axuda espiritual da Palabra de Deus depositada na Igrexa Católica polo mesmo Cristo.
Non entendo nin nunca entenderie porque lle dámos a espalda a Deus cando nel nos movemos, nel vivimos e nel existimos.
¿Como explicar os misterios da vida sen un SER SUPERIOR que os sostén ó longo de toda a historia da Humanidade?
¿Cómo explicar unha vida tan exuberante?
A CIENCIA EXPLICA...
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora