Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Epistolario de María das Dores Arribe e Xosé María Monterroso (1989-1990)

Rivero, Manuel - lunes, 23 de junio de 2025
O cerne das catro cartas deste período son os nosos intelectuais universais: Jenaro Marinhas del Valle e Ricardo Carvalho Calero.
Na primeira carta do 20 de novembro do ano 1989, relata o goce que sentiu ao ler a excelente entrevista feita a D. Jenaro no número 18 da revista AGALIA, a través da cal, vai debullando a súa historia de vida, ao ir contestando ás preguntas feitas, con mestría, por Monterroso e Rabuñal,
Elvira Souto, foi quen lle enviou o agasallo da Agalia e que tanto agradeceu.
Ficha técnica:
"Jenaro Marinhas del Valle
Testemunha de umha lealdade
Autores: Henrique Rabuñal Corgo (entrev.), José María Monterroso Devesa-Juega (entrev.), Jenaro Marinhas del Valle (entrevistado)
Localización: Agália: Publicaçom internacional da Associaçom Galega da Lingua, ISSN 1130-3557, Nº. 18, 1989, págs. 197-241
Idioma: gallego."
Na segunda carta do dia 21 de abril do ano 1990, Lola lamenta o retraso na contestación, varios foron os acontecementos que impediron umha maior celeridade:
- O pasamento de D. Ricardo Carvalho Calero, deixouna sen folgos.
- A petición do poeta Manuel María do caderno número 9 do Ateneo, que non tiña e tivo que andar a súa procura, para fotocopiar.
Alégrase da noticia que lle deu Elvira Souto da próxima homegem a D. Jenaro, ao mesmo tempo, sente a súa renuncia a Cadeira da Académico, por motivos de saúde.
Aproveita para felicitalo por a publicación do libro "Apelidos Galegos", texto que leu con moito agrado.
A terceira carta do día 2 de maio de 1990, é un texto clarificador, ético, valente, oportuno e rigoroso, sen necesidade de utilizar metáforas ou circunloquios expresa o que considera de xustiza, como boa coñecedora da vida, da obra e das amizades de D. Ricardo.
Todo comeza, cando recibe o programa de "Homenagem urgente a R. Carvalho Calero", por parte do Presidente do "Facho".
Agradece a invitación, sinte non poder asistir tanto por motivos persoais como sentimentais, enumera tres espazos: Escola de Náutica, Camposanto de S. Amaro e un 4º andar desde o que se podía contemplar o mar. Tristes lembranzas para Lola, pasaron tres anos do pasamento do seu irmao Jorge, a quen tanto quería e tanto bota en falta. Ver os poemas inéditos ao seu irmao Jorge, publicados na Biblioteca Virtual Egeria.
Coa claridade que sempre a caracterizou, dille directamente a Monterroso, que non considera acertada a "Eleiçom dos conferenciantes", e que bota en falta a: Jenaro Marinhas; Elvira Souto; Francisco Salinas; Aurora Marco; Araceli Herrero e Xosé María Dobarrol.
Dos que están e merecen estar, considera que son: Fernan-Velho; Carlos Quiroga e Lourenzo.
Na cuarta carta do día 8 de maio de 1990, Lola responde con serenidade, confianza e con firmeza.
"Creio perceber na tua [carta] (...) umha certa dureza por mor das "críticas" que formulei aos conferenciantes (...) tivem a malfadada ideia de formular a minha surpresa por certas ausências e presenças (...) Rogo-che que me perdoes a minha franqueza que para ti deveu ser impertinência".
Aclara que a serenidade do seu espírito ou a falta dela, non depende do programa deses actos.

Epistolario de María das Dores Arribe e Xosé María Monterroso (1989-1990)
Epistolario de María das Dores Arribe e Xosé María Monterroso (1989-1990)
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES