Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 18 de junio de 2025
Moito bochorno

Non se ve o sol, pero quenta de carallo. Abrasa. Bochorno. E Bruce Springsteen cantando. Levaba tempo sen escoitalo. O The Boss. Unha moto que mete ruído. Un silencio que deixou de ser silencio. Catro pingas de suor asoman polo antebrazo dereito. Deixade que os raios de sol, que agora mesmo non existen, me apicoen. Deixade que os nenos se acheguen a min. Non vexo ningún. Non hai ningún. Só hai bochorno.
Pingas de Orballo Que os gatos pardos se volvan negros para que aparezan desgrazas de novela. Xa lle daremos un toque de canela. Aire inexistente. Follas quedas. Zeca Afonso con "Grândola Vila Morena". Vaia tema! Que a flor de toxo lle diga adeus a esta primavera. Que polos grandes océanos navegue a Perla Negra. Nada se move. Nada boia. Bochorno.
Espello que reflicte as ansias e os desexos. Bafos nos que se debuxa un corpo nu. E que corra o aire. Agora mesmo non existe; auténtico bochorno. Todos os galimatías son mesturas de esperpentos que ocupan espazo pero non din nada. Ennio Morricone con "Amapola". En todos os lugares, aldeas, vilas e cidades de Galicia creo que hai unha canella. Unhas cegas, outras abertas e todas pequenas. Nelas tamén hai bochorno. Moito bochorno.
Tatuaxes sobre pel branca. Sorrisos en labios vermellos. Acenos que se necesita un máster para entendelos. Paula Fernandes canta "Pra Você". E un escornabois botándolle unha carreira a un sapoconcho polos outeiros dun peito. Agora, o que queira, que se poña á sombra duns amieiros. Á beira do río Arnoia, á altura da Pitediña, en Baños de Molgas, hai uns cantos. Porén, mesmo á súa sombra, hai bochorno. Moito bochorno.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES