Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A luz de Vilalba

lunes, 24 de agosto de 2009
Á fin, o sol convídanos a facer festa, e a capital da Terra Chá convertese no luceiro da alba, que anuncia as patronais. Vilalba é unha luzada no horizonte, que engaiola cun manancial de sorpresas ao camiñante. Érguese na distancia coma un facho aceso que convida a adentrarse nela, para deleitarse ao seu abeiro, sempre propicio, e vibrando na lentura da súa contorna, en amplos predios, inzados de vida, que sempre abriron os pulmóns da vila a novos horizontes de saúde. Vilalba brilla con luz propia, coma un ronsel de brancos, que van cambiando a súa intensidade, co ritmo das estacións e o devalar do día. Non é só un impacto visual. A súa presenza de dona distinguida na paisaxe alongada da Chaira, agasállanos cunha fervenza para todos os sentidos: a música dos seus ríos e regatos, o recendo dos bidueíros, o gusto e tacto gorentoso dos queixos de San Simón, froito das herbas máis tenras, as formas das zocas chinelas, a caída sorprendente dos ourizos ou das landras nos soutos e nas fragas, todo convida a saltar de festa, non só no San Ramón, en todos os tempos e estacións...

Vilalba dálle ao sol a súa cara máis feiticeira, coa que el xoga, debuxando guiños e reclamos cativadores. É unha mágoa que as humanas e os humanos, ameacemos e interfiramos nesta relación sedutora, con construcións arrepiantes, creando sombras e fendas, na harmonía nutricial da vila. Todas e todos estamos a sufrir as desfeitas que infliximos cos nosos desatinos prepotentes. Non só padece a saúde da paisaxe, tamén os cidadáns diminúen o seu equilibrio, beleza, gozo, convivencia. A luz que xenerosamente viste de cores a paisaxe, está a sufrir o desprezo dos inquilinos, que a recibimos coma un herdo para gozala. O conxunto das especies saloucan, vítimas destes atentados á vida. Non son capaces de orientarse e situarse neste galimatías que as persoas estamos a imporlle ao universo, provocando o seu desterro, a outras rexións descoñecidas, expulsadas do hábitat no que conviviron durante milenios, e que tamén lles pertence. Celebrar as festas, na Virxe de setembro, é recoñecerse da mesma familia que en séculos as foron alumando, sentirse veciñas/os cun mesmo destino: o compromiso de non deturpar esta fermosa herdanza que tamén merecen, e lles corresponde, ás xeracións vindeiras.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES