Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xuices, fiscais e letrados esixen ferramentas informáticas para utilizar o galego nos xulgados

González Martínez, Xosé - martes, 17 de junio de 2025
Respaldan a petición da Irmandade Xurídica Galega para que a nova aplicación informática ATENEA contemple as dúas linguas oficiais.

A Irmandade Xurídica Galega remitiu unha carta ao Ministro de Justicia e ao Conselleiro de Xustiza para reclamar a normalización do uso do galego nos órganos xudiciais de Galicia. O escrito foi asinado por máis de 350 profesionais da Xustiza, entre os que se atopan 93 xuíces e fiscais. 15 letrados de xustiza, 3 presidentes de audiencias provinciais e 2 fiscais xefes.

Os asinantes, entre os que se encontran o presidente do TSXG e os titulares das audiencias provinciais de Lugo e Pontevedra, reclaman que a aplicación informática ATENEA, que se prevé implantar nos próximos seis meses, permita a redacción de documentos tanto en galego como en castelán, para facilitar o emprego de ambas linguas en igualdade de condicións. O sistema informático MINERVA, vixente ata o momento, non dispón dos modelos documentais necesarios en lingua galega e dificulta o emprego deste idioma, pois supón un traballo a maiores por parte dos profesionais da Xustiza.

Os profesionais da Xustiza explican que "ao longo dos máis de vinte anos de vixencia da aplicación Minerva, nin a Administración estatal forneceu o recurso en galego nin a autonómica procedeu á súa tradución", en consecuencia "o persoal da administración que tivo que tramitar o notificar resolucións en galego debeu crear arquivos separados de modelos de documentos cos que reemprazar os da aplicación, o que incrementou exponencialmente a carga de traballo e, en consecuencia, o retardo na súa tramitación".

Consideran que a introducción da nova aplicación ATENEA é a ocasión axeitada para corrixir esta deficiencia e proporcionar os materiais necesarios para asegurar a cooficialidade das linguas na Administración de Xustiza.

Xuices, fiscais e letrados esixen ferramentas informáticas para utilizar o galego nos xulgados
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES