Nas tres cartas, que se conservan do ano 1986, o fío condutor son os parabéns, a petición de axuda e o agradecemento:
Na carta do día 25 de setembro do ano 1986, Lola, felicita e transmite a enorme lediça, que lhe produciu a concesión do premio literario "Xesús Canabal Fuentes", ao mesmo tempo solicita-lhe máis información da obra premiada.
"En 1986 e con motivo do Centenario de Castelao, o Patronato da Cultura Galega convoca o Concurso "Xesús Canabal Fuentes" (Castelao: onte, hoxe e sempre) sendo o traballo premiado A emigración en Castelao (O tema da emigración no Castelao gráfico) da autoría de Monterroso Devesa. Estiven presente cando o xurado (Filgueira Valverde, Xaquín Lorenzo, Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo) na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, abre o sobre pechado que identifica ao autor do traballo premiado. Foi unha sorpresa xa que o meu amigo Xosé non me dixo nada sobre a súa participación no concurso. O libro foi editado no ano 1987 polo Patronato cun limiar de Fernández del Riego" (1).
Na carta do día 14 de outuvre, solicita sinaturas de apoio para os traballadores da INTG (Iniciativa Nacionalista de Traballadores Galegos) de Bazán.
O documento vai encabezado por cinco puntos, que reforzan a necesidade de asinar o documento.
E na terceira do día 6 de novembro, agradece as sinaturas que lle enviou en tempo e forma. que puido publicar nunha nota de prensa. Nesas eleccións sindicais a INTG, conseguiu catro delegados.
NOTA:
1. https://www.quepasanacosta.gal/opinion/manuel-suarez-suarez/adiante-monterroso-devesa/20250325090744162497.html