UCIN Santiago de Compostela, presenta no Rexistro Xeral do Concello de Santiago unha solicitude formal de información sobre a situación do Centro de Inserción Social de Belvís, unha infraestrutura vital para a reinserción e o apoio ás persoas que máis o precisan, e que leva anos sen avances nin transparencia. Desde UCIN, como organización comprometida coa realidade social da nosa cidade, esiximos respostas claras sobre o estado actual do proxecto, os prazos previstos e as partidas orzamentarias destinadas ao mesmo. A veciñanza ten dereito a saber que está pasando cun recurso fundamental para a dignidade e inclusión social.
Solicitamos:
1. A data prevista de apertura do centro.
2. O modelo exacto de xestión: directa, indirecta ou mixta (e, neste caso, empresas ou entidades implicadas).
3. Os criterios de acceso para as persoas usuarias.
4. A previsión de memorias de actividade públicas, con información transparente sobre a súa evolución.
5. A participación ou non do movemento veciñal ou social no seguimento do funcionamento do centro.
Na Unión de Cidadáns Independentes, consideramos que un recurso tan importante para a cidade debe estar sometido á máxima transparencia, tanto pola súa relevancia social como polo seu impacto directo nun dos barrios históricos da cidade como é Belvís.