Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir no campo, ¡que bonito é!

viernes, 21 de agosto de 2009
Unha enquisa da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia informa que o 67% dos galegos opina que a vida no rural é mellor ou moito mellor que nas entidades urbanas.

O tema lembra aquela vella tonada popular que proclamaba o de “Vivir na Coruña / ¡que bonito é!. / Andar de baranda / e dormir de pé”. Porque é ben difícil pronunciarse nun tema coma este.

A enquisa reflicte que esa porcentaxe dos galegos preguntados opinan que a vida no campo é moito mellor polo contacto coa natureza, pola liberdade, pola menor contaminación, e a xente coñécese máis e colabora mellor.

Todo esto é verdade, e razón hai a opinar así. Especialmente os residentes en zonas urbanas. Pero están logo as cuestións negativas da distancia, dos menores servizos, da escasez de postos de traballo, da fuxida da mocidade do campo á cidade.

Vivir no campo é un desexo sentido por moitos urbanitas, e moitos conségueno residindo na cidade durante a semana laboral e no campo durante o tempo de lecer da fin de semana. Aprovéitase así a ventaxa dos postos de traballo e dos servizos das cidades e pobos, e o contacto da natureza. Claro que o paradigma da cuestión tamén está en traballar na cidade e residir no rural non lonxe do posto de traballo.

Que está moi ben a idílica paz do rural para quen pode permitirse o luxo de disfrutala con amplitude, sexa para xubilados ou para os que teñen medios de vida que lles permite unha liberdade independentemente dos calendarios e dos reloxios.

Pero a vida no rural, para os do rural, non entra nos esquemas e é difícil encaixala nunha enquisa. Máis tranquila, naturalmente que sí. Pero moitas veces a tranquilidade ten que quedar nun segundo plano e outros aspectos ou factores son os que marcan lugar de residencia e ritmos de vida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES