Á beira do camiño: Limpeza total
Mato, Xesús - viernes, 21 de agosto de 2009
Temas de actualidade. O Camiño de Santiago (nas súas diversas rotas que transcorren pola provincia de Lugo) segue a xerar noticias abondosas, cada día. Non só pola cantidade de peregrinos e turistas (que este mes de agosto supera todas as previsións para gozo e mesmo avaricia do ramo da hostalaría) que están de camiño cara Santiago senón tamén pola diversidade de actos que se están a celebrar especialmente nos pobos de final de etapa.
A Mancomunidade de Concellos do Francés ven de confirmar que a Xunta asinará nos próximos días ( coma sempre, falando en futuro) outro novo convenio 8e xa van moitos) polo que se fai cargo dos gastos da limpeza e conservación. E, digo eu, por que nono asinaron, de paso, nesta Xuntanza!?
O camiño está a rebordar de actividades. Lembramos os grupos Vai de Camiño e o parello Artes no Camiño Algúns deles, sen ouvintes, debido aos horarios e á absurda multiplicación de actos que segue a reinar con tanto incomprensible desaxuste por falla de coordinación. Estamos a caer nos mesmo fallos que tantas veces temos criticado.
Detalles da última xuntanza. Cómo se asume que a liquidación do 2008 dea superavit cando hai camiños sen limpar á vista de todos!? Que falla fan administrativos extras para a mancomunidade!? Máis inversións para unha páx. Wed cando xa hai inflación delas!?. Máis diplomados de Turismo para un Camiño ben coñecido e promocionado!?.
Cómpre ir medrando en sentidiño práctico. A limpeza física segue a ser necesaria pero parella a ela debe ir a limpeza ética e moral da atención médica, humanitaria, cultural, seriedade e legalidade nos prezos...Abondan os abusos. Podemos estar a esnaquizar a nosa mais rendible galiña de ovos de ouro de Galiza. Ademais, en plena crise.

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora