Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tesón e Valentía

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 12 de junio de 2025
Nesta época do ano o mundo está en plena efervescencia.
-POR UNHA PARTE O MUNDO ESTUDIANTIL
Moito tesón e moita valentía necesita o mundo estudiantil:
*OS PROPIOS ESTUDIANTES TÉÑENO DIFÍCIL:
Infancia e xuventude que puxeron todo o seu empeño e as súas capaciddes para conseguir superar un eslabón máis da súa formación académica:
-Tiveron que empregar moitas horas ó estudio.
-Tiveron que pasar sen dormir porque aquel exame resultoulle moi difícil de asimilar.
-Tiveron que enfrontarse a aquel docente co que non se daban entendido.
-Tiveron, en moitos casos, que desprazarse das súas casas, ocasionando gastos e molestias a eles mesmos e ás familias.
-Tiveron que privarse de moitos caprichos.
Pero tódalas privacións mereceron a pena.
Superar un curso máis ten moito mérito e produce moita satisfacción.
¡¡¡Parabéns para toda esa xente nova que tanto promete!!!!
*O ESFORZO NON FOI MENOR PARA AS SÚAS FAMILIAS:
-Pagar os estudios ten un prezo: manutención, vestido, calzado, estudios, matrículas, ocio...
-Non tódolos estudiantes poden acceder a unha beca.
-Moitas horas de traballo empregadas.
-Moita vida entregada por unha nobre causa que merece moito a pena, coste o que coste.
-Moito tesón e moita valentía para que os seus pupilos acaden un futuro prometedor.
*ATA SE VEÑEN FACENDO FESTAS DE GRADUACIÓN:
Graduación en Infantil, graduación en Primaria, graduación en Secundaria, graduación no Bacharelato e graduación na Carreira.
Noutos tempos só se graduaba o que remataba a carreira; pero hoxe en día, hai graduación para tódolos niveis.
Non me parece que haxa motivos para tanta graduación cando o que que fai o estudiante é cumprir co seu deber e a recompensa é preparase para valerse ben na vida.
O resto é secundario.
Pero...
¿Qué non farán os proxenitores polo froito das súas entrañas?
* ¿E OS DOCENTES?
A primeira vista parece que os docentes o teñen máis doado.
-Eles non teñen que examinarse.
-Eles cobran polo seu labor.
-Eles teñen moitas vacacións, dirá algún.
-Eles non sofren polo alumnado…
*POIS NON É ASÍ.
-O profesoradao tivo que loitar duro para chegar a ocupar un posto de tanta responsabilidade e importancia cultural e social.
-O profesorado dá o mellor de sí para que o alumnado poida desenrolar as súas capacidades e abrirse camiño na vida.
-O profesorado sofre moito cando se encontra con alumnos que, tendo boa capacidade intelectual, non aproveitan o tempo de estudio.
-O profesorado tamén sofre polos que se esforzan e non poden...
-O profesorado pasa moito tempo preparando os temas que vai desenrolar na aula para que ó alumnado lles resulten gratificantes.
-O profesorado estase reciclando constantemente para poñerse ó día.
-O profesorado fai tantos ou máis deberes que o alumnado.
-O profesorado leva no corazón ó alumnado que ten encomendado tanto cando ten clase como cando non.
*A VOCACIÓN DO PROFESORADO É UNHA VOCACIÓN APAIXOANTE E TAMÉN MOI GRATIFICANTE.
Ver como a alumnado vai progresando, non ten prezo.
E velos ben situados na vida dá moitísima alegría.
*O PROFESORADO MERECE RESPECTO, OBEDIENCIA E ADMIRACIÓN POLA SÚA ENTREGA VOCACIONAL.
A pegada que o docente deixa no corazón do discente, dura toda a vida tanto no alumnado que aproveitou como no que non.
O alumnado que aproveitou non se cansa da dá-las grazas.
O que non aproveitou, polas razóns que foran, arrepíntense de non ter aproveitado cando se enfronta á realidade da vida.
¿Cómo sería a nosa vida sen os docentes?
*PERO A VIDA É MOITO MÁIS
Esta época do ano dá pé para moito.
É un tempo moi enriquecedor no amplo sentido da palabra.
É tempo de vida exuberante
"TEMPO DE VIDA EXUBERANTE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES