Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A memoria histórica (un acto de reconciliación)

jueves, 20 de agosto de 2009
O pasado día 4 de xullo o catedrático de Historia da Universidade Complutense de Madrid, Jos Álvarez Junco participou na homenaxe que Villalpando (Zamora) rendeu ás 28 vítimas dunha morte violenta durante a Guerra Civil. Para o historiador participar neste acto é un xesto democrático que nos atinxe a todos.

O profesor, Álvarez Junco, titula a súa intervención como “Discurso da reconciliación”. Por razóns de espazo tentarei recoller as ideas centrais do discurso convencido de que o resumo leva consigo a súa mutilación e o seu empobrecemento, por iso, o mellor será ler o texto completo, publicado en El País (19/07/2009).
Exporei o discurso a modo dun simple guión, seguindo os pasos do autor..
- Non pretende refacer a historia, tampouco facer xustiza, é unha homenaxe ás vítimas
- No é un acto de desquite ou de vinganza, ninguén ten nada que temer. É un acto simbólico para proclamar ben alto que ningunha das 28 persoas asasinadas merecía sufrir unha morte tan violenta nin o oprobio e a humillación que ao longo de moitos anos tiveron que soportar os seus familiares.
- A finalidade deste acto debe servir para comprometernos a que feitos deste tipo nunca se repitan.
- Esta homenaxe foi referendado por unanimidade no Concello para selar a reconciliación, recoñecendo que se cometeron brutalidades por ambos lados. En moitos lugares de España matouse xente porque ía a misa e noutros porque non ía, todo iso é contrario aos valores que nosoutros proclamamos. Recorda o historiador a aquel cura excepcional e de excepción da veciña Quintanilla que cando os falanxistas chegaron preguntando polos roxos da localidade, don Basilio, pequeno de estatura, pero xigante de alma, respondeu: ”aquí el más rojo soy yo; ¡fuera del pueblo!, e, en Quintanilla non houbo mortes. Moitas veces a historia que se nos contou está chea de mentiras, non se dicía que os falanxistas sacaban as mulleres ao campo e despois de violalas rapábanas ao cero, tal como llo contaba
Remedios Fernández Andrés, irmá dun fusilado.
- O obxectivo principal deste acto, di Álvarez Junco, restaurar e fortalecer a confianza entre os veciños que a guerra civil rompeu, a confianza nas institucións democráticas que cando, como neste caso, a Corporación Municipal, exercen o máis grande e nobre dos poderes, o de representar a xustiza, o de recoñecer e proclamar no nome da comunidade, no nome deste pobo, deste país, e mesmo da humanidade enteira, que hai setenta e tres anos se cometeu unha brutal inxustiza con 28 fillos deste municipio..
- Este Concello democrático proclama o historiador está a cumprir hoxe a mellor, a máis alta, das funcións que pode desempeñar unha institución pública: a de reconciliar, establecer pontes entre os seus concidadáns; a de proclamar unha verdade tan coñecida como silenciada; a de defender aos débiles e de reivindicar aos ofendidos; a de pechar feridas.

Vista con esta mentalidade, a chamada Lei da Memoria Histórica, representa non soamente unha medida ética e de xustiza, senón tamén un paso xigantesco no camiño da definitiva reconciliación. A lectura deste discurso pode resulat moi educativa.
Pin Millares, Xosé María
Pin Millares, Xosé María


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES