Rapsodia en azul
Editorial - jueves, 20 de agosto de 2009
Carlos Casares estaría contento vendo que un dos seus contos simbólicos, o da galiña azul, serve como imaxe dos centros de educación infantil da Xunta de Galicia.
Na súa entrañable literatura e relación, ata Deus tiña un paraugas azul. E está moi ben que un tema deste escritor prematuramente desaparecido identifique os centros onde os máis novos dos galegos van recibir as primeiras ensinanzas.
Acudindo a un galego indiscutible, a Xunta cúrase en saúde en canto á simboloxía que vai representar un conxunto de centros que nos últimos anos estivo escindido e que serviu de instrumento de loita política ou de conflicto de competencias, e que agora -todos os centros xuntos- dependen do departamento de Educación, que parece por natureza ser o que debe gobernar os temas relativos á primeira educación en Galicia.
Pode que haxa a quen non lle pareza inocente este cambio de imaxe dos centros, fuxindo do termo galescolas pola súa similitude de denominación con outros centros existentes noutra comunidade autónoma. E posiblemente teñan razón, porque tampouco era inocente o plantexamento anterior.
Esta rapsodia en azul ten moito ritmo que marcar, moitas cadencias que ofrecernos. Agardamos que sexan ritmos e cadencias de música nosa, que a todos satisfaga.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora