Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Epistolario de María das Dores Arribe e Jose María Monterroso (1983-1984)

Rivero, Manuel - lunes, 09 de junio de 2025
A correspondencia, que se conserva de María das Dores Arribe, no arquivo de Xosé María Monterroso Devesa, abarca un período de dezaoito anos. A súa amizade comezou no ano 1977, e mantívose durante toda a vida, así o resumía Monterroso:
"Conhecina no PSG, no ano 1977, despois cadramos no reintegracionismo na AGAL, foi uma época intensa e por vezes breve (...) o nome interno era o da "Pasionaria Galega"".
Lembrar que naquelas eleccións, Lola ía no cuarto lugar da candidatura, que encabezaba Jose-Manuel Beiras Torrado.
Durante ese tempo, houbo períodos de maior intercambio, con outros de menor intensidade.
A primeira carta está datada en Julho do ano 1983 e a última en outuvre do ano 2001.
Publico as cartas manuscritas, coa intención de visualizar a súa identidade. A caligrafía de Lola, xunto coa redacción e a estrutura do texto eran marabillosas.
A primeira, é do día 6 de junho de 1983, trata varios temas:
- A palestra nos encontros Labaca.
- A copia dos seus artigos, no Faro de Ourense, do día 20-IV-83, co título "Volve a inquisición", e o do día 27-V-83, co título "Os homónimos".
- comenta a carta de Martinho, sobre o novo livro, que está listo para publicar.
A segunda do día 20 de junho, do mesmo ano, agradece a carta postal que Monterroso lle envíou desde Montevideo
Na terceira do día 10 de julho de 1983; Envía-lhe copia do borrador da Moçom que presentaron no Congresso da Lingua Portuguesa, di que foi comovedor escuitar a leitura na voz do prof. Malaca Casteleiro, da Universidade de Lisboa, que fazía de moderador.
Epistolario de María das Dores Arribe e Jose María Monterroso (1983-1984)
Epistolario de María das Dores Arribe e Jose María Monterroso (1983-1984)
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES