420
Editorial - miércoles, 19 de agosto de 2009
É a cifra máis manexada nos últimos días, mesmo politicamente. Equivalen a setenta mil das antigas pesetas, e presentouse como un subsidio de emerxencia para os parados sen dereito a cobro de algunha cantidade que palíe a súa difícil situación.
O papel dun goberno é o de proporcionar solucións enxeñosas e orixinais que redunden en beneficio dos administrados, especialmente os que menos teñen. Neste senso, o anuncio por parte do goberno central dunha axuda tal para os parados sen subsidio de paro foi un bálsamo temporal que proporcionou un respiro á lexión de traballadores sen traballo nin percepción algunha.
O Boletín Oficial do Estado, que nada sabe de alegrías políticas e sólo publica aquelo que os presupostos e as previsións oficiais reflicten, veu aclarar que só percibirían eses 420 os que entraran na difícil situación de parados desde o pasado primeiro de agosto.
O gozo de milleiros de posibles afectados, nun pozo, mentras as razóns oficiais acoden a indicar que os que agora entran no paro terán máis difícil atopar emprego dada a especial situación económica e social na que nos atopamos.
As cousas deben estar claras desde o primeiro momento, que dar alegrías sen fundamento é xogar cos sentimentos e cos sufrimentos de persoas con gravísimos problemas que un subsidio así -aínda que minimamente- podería paliar.
Xa sabemos que o Goberno non ten unha máquina de facer diñeiro, pero tamén o mesmo goberno debera ser consciente das súas limitacións, non xogar con alardes ecnómicos, e sobre todo respectar ós afectados polas súas decisións e non despertar espectativas infundadas.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora