Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As crises teñen cara de pobre

Pinto Antón, J.A. - viernes, 06 de junio de 2025
Din que o sur global sostén nas costas ao norte rico. Paga pola débeda máis do que recibe en axuda ao desenvolvemento. 50.000 millóns máis, según a Onu. Un río de cartos cara a países desenvolvidos. Por iso ven urxente que BCE, Reserva Federal USA e tamén o Banco Mundial e o FMI creados despois da 2ª Guerra Mundial para aliviar a pobreza e fomentar a economía, baixen os tipos de interés que afogan a países africanos. Hoxe, amplas rexións viven ancoradas na pobreza, nas pandemias, na fame.

A emerxencia climática que preocupa no norte rico é allea ás urxencias do sur. Coas guerras do fin do mundo e a pobreza endémica provocan ondadas de migrantes que engordan as cordas de galeotes novos, fortes e preparados.

Golpeados por todas as crises, os expertos describen o castigo: falta de inversións públicas en infraestruturas, educación, sanidade. 'A crise alí ten cara de pobre'. Daquela rememoramos a Gran Recesión cando o norte europeo menosprezaba aos PIGS do sur condenándoos a unha cruel austeridade. Esa crueldade na economía global, obriga a África a gastar en intereses máis que en educación, e a Latinoamérica máis que en inversión pública. Millóns de seres humanos que viven mal asómanse ás pantallas e ven un mundo privilexiado que vive ben. E xa non se conforman coas faragullas que caen da mesa do rico Epulón. Queren sentar nela e quitar o pan da boca para enviar remesas ás familias nos países de orixe.

A década perdida aquí, 2008-2018, son décadas perdidas no sur global. Moi mal tiñan que estar en Arxentina para aupar ao poder a dialéctica da motoserra contra a xustiza social, a educación, pensións e sanidade públicas. Ou para manter en Venezuela un goberno que expulsou a 7,7 millóns á procura dunha vida mellor.

A pandemia da covid19, sa guerras, a emerxencia climática avisan de que ningún país funciona illadamente. Todos necesitan a todos. Unha urdida comercial, política e de inversións cose, descose e recose o mundo global. Sofren os vulnerables. Así, a agresión a Ucraína provocou unha suba en alimentos, petróleo, fertilizantes, inasumible para os que estaban coa auga no colo.

Tax Justice Network alerta de que cada ano África perde 86.300 millóns de euros en fluxos financeiros ilícitos, imprescindibles para o desenvolvemento. Aínda hoxe países africanos debátense contra a neocolonización. E alí onde países europeos se retiran, entra a voracidade rusa e chinesa. Siglos de colonización e azarosas independencias malbarataron recursos. Café e tabaco, froitas e cacao, petróleo e minerais, madeiras nobles, ouro e diamantes, pesca. O saqueo deses recursos provoca unha inmigración desbordada cara a Europa. A fértil nai África contempla aos fillos e os cartos que flúen caudalosos cara ao norte. E queda con cara de pobre.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES