Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mateo e Uxía (9)

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 26 de junio de 2025
Capítulo noveno

(Historia de ficción. Os relatos históricos son reais).

Esa noite Mateo durmiu cun ollo aberto e outro pechado pensado de si Uxía viría pola mañá espertalo e rogándolle a tódolos santos de quedarse durmido canto antes.
Ao día seguinte, xa eran as nove da mañá e Uxía sen vir. Un tanto nervioso, sentouse na cama e colleu o móbil con ánimos de chamala, pero quedouse mirando para o aparello sen atreverse a facelo. De súpeto, soa o seu móbil e co susto pegou un enorme brinco que case cae da cama, mirou quen chamaba e era Uxía, Bo día Uxía, que pasou?. Pois verás Mateo, resulta que como lle dixen a meus pais que viñas comer con nós, pois xa te podes imaxinar, miña nai envioume ás compras e claro está, non lle vou dicir que non. Vale. Comprendo, dixo Mateo. Entón que queres dicir?. Uxía botouse a rir, pois nada, parvo, que non te vou espertar en persoa. Son as nove e media da mañá e teño aínda que ducharme. Os supermercados non abren ata as dez da mañá, e entre unhas cosas e outras non da tempo a nada, así que, o mellor que podes facer é ducharte ti tamén, iso se queres vir ao meu lado, se non é igual, e logo vémonos ás once na cafetería Andoriña, almorzamos e xa imos á Frouxeira. Que che parece?. Pois vale, perfecto. Onde está esa cafetería?. En Álvaro Cunqueiro, pasando o Concello a poucos metros, respondeu Uxía. Veña logo, imos aló. Un bico e bo día. Bo día Mateo.
Eran as once e media e Uxía sen aparecer. Mateo nervioso miraba o reloxo e sempre vía a agulla no mesmo minuto. O móbil na man e cos dous ollos encima del, estaba a punto de estoupar. Despois do tema de fai uns días, parecía como se Uxía non fora a mesma, "ou serei eu quen non son o mesmo?", se preguntaba Mateo. Por fin, ábrese a porta da cafetería e aparece Uxía. Ao acercarse a Mateo deulle os bos días ao tempo un bico nos labios "saben a azucre", comentou Uxía. Claro, do azucre que lle botei ao café e do cacho de torta doce que comín", respondeu Mateo. "Eu non lle boto azucre ao café nin sacarina, tómoo así de natural", comentou Uxía. Chegado o camareiro a xunta deles, Uxía pediu un zume de laranxa e un café con leite cunhas torradas.
Rematado o almorzo, Mateo e Uxía collen o coche, pero nesta ocasión a Uxía xa non lle fixo falta pedirlle as chaves. Mateo colleu, deulle as chaves para que ela levara o coche, e así collen rumbo á Frouxeira.
Ao chegar á zona, Mateo quedouse abraiado do entorno paisaxístico do lugar. El imaxinaba que sería un lugar cheo de vexetación, sobre todo de piñeiros, pero non, todo era rochoso e con algúns eucaliptos, estes moi abundantes na Mariña de Lugo que rompen por completo coa clásica paisaxe galega. Aparcaron o coche con absoluta comodidade e subiron andando cumio arriba.
Unha vez arriba, Mateo quedouse mirando o entorno e a súa beleza. Escaleiras talladas na propia rocha. Algunhas paredes case a ras do chan e pouco máis, pero aí estaba toda a historia de Galicia, nesas catro pedras das que aínda parecía escoitarse o clamor da loita dos galegos defendendo os seus dereitos e a súa patria en contra duns terroríficos e tiranos reis de Castela.
O silencio de Mateo era sepulcral. Uxía mirábao tamén en silencio. Un silencio moi respectuoso, un silencio de amor e agarimo. Pero Uxía observa que a Mateo enchéronselle os ollos de bagoas. Amodiño, moi lentamente achegouse a el e cun pano de papel limpoulle as bagoas. Colleuno da man, e con todo o cariño do mundo, Uxía preguntoulle, por que?, Mateo. É moi difícil de explicar Uxía, como tamén é moi difícil de entender e sobre todo se cho resumo, respondeu Mateo. Uxía deulle un bico na cara e con moita dozura respondeulle, Mateo, para ti teño todo o tempo do mundo. Cóntame todo o que saibas deste lugar.
Mira Uxía, hai unha estrofa dun poema do gran poeta Ramón Cabanillas, que falando do que pasou aquí na Frouxeira xa nolo di todo, a ver se che soa:
Validos de traidores a noite da Frouseira a patria escravizaron uns reis de Castela.

Pois claro que me soa, Mateo!. Incluso forma parte do disco de Juan Pardo titulado -Galicia miña nai dos dous mares-. Pois si, xusto, afirmou Mateo.
Mateo comeza a narrarlle a Uxía unha historia de Galicia, esa historia de Galicia que non se conta nas escolas porque está censurada. Cóntalle unha historia da Galicia real, a que non ven no libros, porque ao resto de España non lle "mola". Esa historia da que os ignorantes din "iso xa pasou á historia", pero eses ignorantes non saben que a pesar dos cincocentos anos que pasaron, aínda está gravada na pel dos que de verdade queren e aman a Galicia e estamos a sufrir as mesmas consecuencias hoxe en día como fai case seis séculos.
Verás Uxía, comeza Mateo. No século XV, a nobreza galega abusou moitísimo da clase obreira. Os marqueses, condes, mariscais e caciques en xeral, aproveitáronse moito da ignorancia e analfabetismo que había na nosa terra. As terras e prados, eran dos señoritos e os que non eran, acababan roubándollelos. Cando as colleitas ían mal, pedían prestamos para sobrevivir e os poderosos fóronse facendo con todo o dos probes que ao non saber ler nin escribir, eses elementos lles facían crer que prescribira. Entón é cando nacen os Irmandiños que é a clase obreira que forman un exército para combater aos nobres e non pagar tantos impostos. Chegaron a destruírlles pazos e castelos en toda a xeografía galega. Pero o medo dos poderosos, fixo que se venderan aos Reis Católicos prometéndolles fidelidade e que lles pagarían os impostos que eles quixeran.
Naquel momento, os Reis Católicos estaban en guerra cos árabes para recuperar o reino de Granada para eles, non para España, porque España naceu despois. Daquela a península Ibérica estaba dividida en reinos e ao colonizar todo os Reis Católicos, é cando nace o topónimo España da Hispania dos romanos, que significa "terra de coellos".
Como á nobreza galega lle chega a auga ao pescozo, os Reis Católicos ven a gran oportunidade de colonizar e dominar Galicia, pero quedáballes un escollo difícil cando non imposible de dominar, o mariscal don Pedro Pardo de Cela Aguiar e Rivadeneyra.
Pardo de Cela era alcalde de Viveiro, pero tiña o seu castelo na Frouxeira e este home, dise que se convertería en rei de Galicia á morte de seu sogro o Conde de Lemos.
Ocorréuselle facer un porto en Foz de tráfico internacional, pero os de Viveiro e Ribadeo, que daquela eran os grandes portos da Mariña, viron de cerca a súa ruína por competencia e acabaron de rematar o asunto acusándoo ante os Reis Católicos de insurrección, sen ser competencia dos Reis Católicos, por ser Galicia un reino independente. E así, entre a solicitude de socorro da nobreza e as acusacións de Viveiro e Ribadeo, os Reis Católicos aproveitaron a revolta e o desorde para colonizar Galicia. Pero como eles estaban co problema de Granada, mandaron aquí un exército de castelás dirixidos polo capitán Luis Mudarra. Os castelás, batalla declarada, batalla perdida, batalla declarada, batalla perdida. Non se sabe exactamente os meses que durou esa guerra, hai quen fala de anos, ata que ao final, Mudarra compra a uns criados de Pardo de Cela que eran do Valadouro, e por traizón, acabaron derrotando a Pedro Pardo de Cela, narraba Mateo.
A todo isto, temos que engadir os impostos que lle había que pagar á Igrexa Católica, ou sexa, que todos eran a chupar do bote e agravouse ao ser colonizada Galicia polos Reis Católicos, outros máis a chupar.
Mateo, interrompeu Uxía, hai na casa un libro de historia de Foz que di que: En Foz cando a pesca da balea, por cada balea morta a fábrica da Igrexa de Foz cobraba unha ala enteira, que no preito de 1631 entre un tal Álvaro Pérez Osorio y Reginfo contra o cura párroco de Foz, Diego de Río e Moscoso, di que o devandito Álvaro Pérez intentara cambiar a ala da balea por dous ducados, pero que non o conseguiu. E incluso, que en 1740 o propio cura párroco de Foz, denuncia a varios mariñeiros por non lle pagar os impostos. Si, claro, comenta Mateo, acaravillábanos a impostos e morrían de fame.
Ti fíxate a que extremo se chegou co tema de Pardo de Cela, que aínda en 1966, fixéronse unhas obras no interior da Catedral de Mondoñedo, ditas obras eran para poñer o altar de cara ao público, pois antes os curas oficiaban de costas aos fieis. Pois nesas obras, apareceu a tumba do Mariscal Pedro Pardo de Cela, porque constaba gravado no sartego de madeira, pois cando a prensa quixo cubrir a noticia, o clero xa había eliminado todo rastro del, ou sexa, só se podía ver a caixa, pero co texto eliminado e nada no interior do sartego, non lles interesa que se saiba a verdade. Ademais outra cousa, que cando a muller de Pardo de Cela, Isabel de Castro, chegou a Mondoñedo co perdón dos Reis Católicos para o seu marido, pasou pola ponte dos Ruzos, e parárona uns curas disfrazados de soldados para facerlle pasar o tempo, alegando que tiñan que ver a autenticidade do documento co perdón, pero era para facerlle pasar o tempo e que así, decapitaran ao seu home xunto cun fillo e varios criados. Por iso agora, á ponte dos Ruzos lle chaman Ponte do Pasatempo. Destacar Uxía, que a muller de Pardo de Cela, era curmá da raíña de Castela, Isabel a Católica".
Uxía non pestanexaba escoitando unha historia, que aínda que ela xa tiña coñecementos dela, escoitada da voz de Mateo, resultaba máis acolledora e entretida e coa cuestión, que como Mateo lle dixo, están censuradas. Uxía comenta ao tempo "entón é certo que estes todos elementos: condes, marqueses, mariscais e caciques en xeral, tiñan o Dereito de Pernada?, ese dereito de deitarse con tódalas rapazas que residían baixo a súa xurisdición, cando estas casaban, ou sexa, que se estreaban sexualmente na noite de vodas, cos poderosos e non cos seus maridos.
Exactamente, comentou Mateo, pero xa verás. Unha vez decapitado Pardo de Cela o día 3 de outubro e non o 17 de Nadal de 1483 como se cría nun principio, o pobo galego enfróntanse á dura realidade coa colonización dos Reis Católicos, pois estes elementos o primeiro que fan é coller a tódolos homes novos de todo o territorio galego e mandalos de carne de canón para a reconquista de Granada, cousa parecida, comenta Mateo, como fixo Franco cos marroquís na guerra civil española. En Granada, mentres mataban galegos, non mataban castelás.

(CONTINUARÁ o día 3 de xullo de 2025).
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES