Mateo e Uxía (8)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 19 de junio de 2025
Capitulo oitavo
(Historia de ficción. Os relatos históricos son reais)
Mateo deixou a Uxía na casa sen evitar o seu desgusto. Chegou ao hotel con ánimos de facer a maleta e marchar para a súa Ribadavia natal. Mateo ía ao tempo moi preocupado pola forma seca e fóra de lugar na que deixou a Uxía. Non se merecía tanta secura, pero xa non hai volta atrás.
Ao entrar no hotel encóntrase con Pepe Rivera en recepción. Saúdanse os dous homes e Rivera xa lle notou a Mateo que algo non ía ben. Loxicamente Pepe preguntoulle se lle ocorría algo malo, ao que Mateo respondeu que non. Por que o preguntas?, dixo Mateo. Nada Mateo, perdoa que me meta no que non me importa, pero parece que traes mala cara, dixo Pepe. Entón Mateo contoulle a Rivera toda a verdade. Que marchaba decepcionado co facebook. Que un amigo de Uxía escribía os seus pasos pola historia local e que a xente non respondía e que pouco á pouco ía a menos a participación.
Rivera quedouse mirando para Mateo con cara incrédula e díxolle, perdoa que sexa ousado, pero eu iso non o entendo, un home con carreira coma túa e ti baseándote na pouca participación de facebook. Non me fagas rir Mateo. Ademais, eu non che vou deixar marchar aínda que non me pagues a habitación, vas quedar aquí detido, e sabes por que?, pois non", dixo Mateo, primeiro: pois porque eses poucos fieis amigos que tes e que sempre están aí contigo, non che merecen ese desprezo. Segundo: porque aínda non nos falaches nada do Mariscal Pedro Pardo de Cela e a Frouxeira e terceiro: porque Uxía non che vai perdoar esa forma de marchar. Así que, chámala por teléfono agora mesmo, e dille que te quedas uns días máis.
Mateo gardou silencio mirando aos ollos a Rivera e sacando lentamente o móbil do peto. Quedouse mirando para o aparello e díxolle a Rivera, vale, tes razón, vouna chamar, pero desde a miña habitación. Moitas grazas", lle dixo Mateo. Veña, andando que é xerundio, respondeu Rivera.
Mateo meteuse na súa habitación e chamou a Uxía por teléfono. Uxía colle a chamada, Dime?, respondeu a rapaza, cun ton un tanto cabreado. Nada, respondeu Mateo. Que metín a pata contigo por unha parvada, e o dono do hotel, Rivera botoume o can e quedo uns días máis, pero sempre e cando ti queiras, claro. Como sodes os homes
, respondeu Uxía, logo dicides que as mulleres somos complicadas. Afogádesvos nun vaso de auga e tenvos que socorrer o primeiro que chega, contestou Uxía. A ver Mateo, ti por que estás aquí?, por min?. Pola historia de Foz?. Ou pola xente que entra ou sae do facebook?. Agora mesmo por ti Uxía, porque te quero con toda a miña alma, lle respondeu Mateo. Pois entón meu querido Mateo, todo o demais sonche pestanas postizas. Pois claro que quero que te quedes, como se te queres quedar para sempre!. Para sempre non podo, teño que buscar traballo, que do aire non se vive, e meus pais xa fixeron abondo con pagarme as dúas carreiras.
Mira unha cousa Uxía, ti sabes por onde se vai á Frouxeira?, pois si, respondeu Uxía. É que me acaba de dicir Rivera o do hotel, que está moi cerca e quería visitar o lugar máis mítico e emblemático de Galicia, onde se derrotou ao mariscal Pardo de Cela. Pois nada, imos xa mañá pola mañá, comentou Uxía, pero hai unha cousa... despois do que pasou na túa habitación, que botaches fóra a Xesús inxustificadamente, quero que mañá veñas comer á miña casa e con meus pais. Vale, acepto de mil amores, pero... vai vir tamén Xesús?, preguntou Mateo. Non, Xesús vai comer Ás Brasas que é moi amigo deles, comentou Uxía.
Mateo duchouse antes de meterse na cama aínda que era cedo, pero entre os nervios e a emoción estaba tan confuso que ao deitarse non podía durmir. Daba voltas na cama pola inquedanza, pero no seu cerebro só bulía a imaxe de Uxía. De súpeto soa o teléfono da habitación. Mateo quédase estrañado, quen será?, se pregunta. Se a chamada fora ao móbil, sería normal, pero ao teléfono da habitación era moi estraño, só seus pais sabían onde estaba. Mateo colle o teléfono e pono na orella e do outro lado da liña sinte unha voz, que aínda que agarimosa, medio cabreada, mira que es parvo, di aquela voz, como tes o móbil apagado ás nove da tarde?, era Uxía que cansa de chamalo ao móbil optou por chamalo ao fixo. Uxía con voz finxida dille, el teléfono al que llama, está apagado o fuera de cobertura...!. El teléfono móbil al que llama, está apagado o fuera de cobertura. Non querías falara comigo, ou?. Perdoa Uxía, pero cos nervios non me decatei que me quedei sen batería e nin me din conta de cargalo. Pero, que pasou?, dixo Mateo. Pois que cos contos e co drama que armaches, non quedamos nunha hora para mañá nin en que lugar, comentou Uxía. E... non sería ben que me viñeras espertar?, contestou Mateo. Caramba co neno...!, non é parvo de todo...!. Que te vaia espertar...!!!, pois vaia a que luxos aspiras!!!. Non che sería mellor poñer o espertador?, respondeu Uxía. Vale, fai o que queiras. Entón onde e a que hora quedamos?, asentou Mateo. Como sodes os homes...!!!, un día pescades ben, e despois queredes seguir collendo todo o peixe no primeiro lance...!!!. Durme anda, é que soñes cos anxos aínda que sexan masculinos...!. Uxía colgoulle o teléfono, pero Mateo xa se decatou que na primeira hora viría ao hotel a visitalo. Deitouse e apagou a luz, e así se quedou durmido. Foi un día moi estresado para el.
CONTINUARÁ o día 26 de xuño de 2025.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)