Mateo e Uxía (6)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 05 de junio de 2025
Capítulo sexto
(Historia de ficción. Os relatos históricos son reais).
Unha vez deixado o Cu do Castro, Mateo e Uxía fóronse comer. Chegados ao restaurante e unha vez servidos, Mateo lembroulle a Uxía un comentario que lle fixo estando no Cu do Castro sobre das figueiras que foron queimadas na praia de Llas. Uxía, preguntou Mateo, dixéchesme que se queimaron unhas figueiras na praia de Llas e que volveron a xermolar, coñeces o lugar onde foi iso?. Pois si, é un pouco antes do Cu do Castro e alí agora volve a haber figueiras desas, lle dixo Uxía. Vale, pois despois de comer imos descansar un pouco e volvemos ao lugar, e así de paso, trato de informarme sobre dese sitio, comentou Mateo. Para que saibas, comentou Uxía, ese lugar chámase Os Feás, dunas Os Feás. Moi ben, dixo Mateo, así infórmome moito mellor. Grazas Uxía.
Rematado o xantar, Mateo levou no coche a Uxía á súa casa e acto seguido el foise para o seu hotel a descansar e de paso, consultar o de Dunas Os Feás.
Despois dun bo descanso, Mateo colleu o coche e foi á casa de Uxía para recollela e ir xuntos de novo ata a praia de Llas. Uxía xa estaba na porta esperando e aló se foron rumbo á praia.
Chegados ao lugar, baixaron do coche e foron mirar as dunas, e Mateo xa lle comentou a Uxía a súa fermosa historia de sempre. Así que, estas dunas chámanse OS FEÁS, me dixeches?. Pois si, así teño entendido que se chaman, respondeu Uxía. Pois vouche contar o que aprendín, comentou Mateo. Uxía xa puxo os ollos recachados mirando para Mateo, como o famento cando lle van a dan de comer. Como ben dis, estas dunas chámanse OS FEÁS. Pois verás, os Feás son un topónimo moi recorrido en Galicia variante de Feáns: do plural latino -fenales-, derivado mediante o sufixo -ale de fenu- "herba segada e seca para alimentar o gando". Pois por aquí fai tempo que encontraron ósos e dixeron que eran humanos. Quen o dixo foi unha doutora", comentou Uxía. Non Uxía, non eran humanos. Iso tamén o lin eu e xa me informei. Cóntoche, debaixo destas dunas hai moitos ósos, pero son ósos de vacas, burros, cabalos, cochos, etc., pois cando en Marzán lles morría un animal, viñan enterralos aquí, de aí que aparecen moitos ósos de cando en vez. Hoxe xa non se fai así, pois existen outros métodos como o de incineración dos animais", comentou Mateo. Que interesante!, respondeu Uxía. Pero non sei onde escoitei que estas dunas están protexidas por Medio Ambiente. Pois si, comentou Mateo. Nestas dunas hai un mundo oculto que nós non vemos nin entendemos e voucho contar porque é moi interesante. Eu non son biólogo, pero antes de vir aquí contigo, Rivera o dono do hotel, presentoume a un gran biólogo de Foz que se chama Suso Blanco, e foi el quen me informou. Cóntoche.
"UN MUNDO NA AREA, así lle chamou Suso:
Debido ás especiais características das comunidades que viven nas dunas, esta área costeira ten unha grande importancia ecolóxica e paisaxística, que a fai acredora dunha protección especial.
A vexetación está sometida, dun xeito xeral, a unhas condicións extremas. Cando o vento sopra predominantemente nunha dirección, tende a arrastrar a area nese mesmo sentido. Se esta area atopa un obstáculo, deposítase, aumentando así a envergadura do obstáculo e acelerando por tanto o proceso de amontoamento da area. É así como comeza a formarse un duna. Este proceso é acelerado pola presenza dunha planta especializada, a Anmophila arenaria (Barrón ou Carrizo), que co seu extraordinariamente extenso sistema radicular e a súa capacidade para medrar por riba da area que a vai cubrindo, contribúe a estabilizar as dunas.
Nestas condicións tan adversas, semellantes ás dun deserto, as plantas que aquí viven son quen de establecer coas súas raíces unha especie de rede que impide o arrastre das partículas de area e terra polo aire e moitas delas son plantas nutricias de algúns animais. Isto supón que se estas plantas desaparecen, producirase a extinción dos animais que delas se alimentan.
A fauna é escasa pola dificultade para a vida nestas condicións, mais podemos ver algúns anfibios e réptiles, moluscos gasterópodos, arácnidos e insectos. As aves son máis abondosas no inverno pola menor presenza humana e a chegada das invernantes. Como podes apreciar, é moi interesante e ás veces, non sabemos o que temos entre mans", rematou Mateo.
Mateo, coido que me equivoquei de carreira, debería facer historia e arqueoloxía coma ti, comentou Uxía. Pois non estou de acordo contigo, lle dixo Mateo, porque agora entre ti e eu temos tres carreiras: historia, arqueoloxía e arquitectura, non che parece?. Pero cada un vive na súa casa, comentou Uxía. De momento, ou?, dixo Mateo. Non te entendo, que queres dicir, dixo Uxía. Pois que se nos xuntamos ti e eu, temos tres carreiras, dixo Mateo. Mateo, estasme metendo medo..., resaltou Uxía. Muller, estouche dicindo ou che quero dicir, que me gustas moito, e non priva de que se ti opinas o mesmo, que sexamos parella, pero non me refiro a parella profesional, parella de namorados. Pois tesme que dar un tempo para pensalo, dixo Uxía. "Pero moito tempo?, comentou Mateo. Si, dixo Uxía, o tempo que preciso para darche un bico que non vas a esquecer. Pecha os ollos. Mateo pechou os ollos, e sentiu algo tan espectacular nos seus labios, que preferiu non volvelos a abrir por se eran os anxos quen o bicaban, pois el tiña entendido que os anxos eran varóns.
CONTINUARÁ o día 12 de xuño e 2025.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)