Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tocar o dogma

Xiz, Xulio - viernes, 06 de junio de 2025
Hai anos que circula nas tertulias a historia de relativo humor na que un terratenente andaluz vai recibindo noticias alarmantes dos braceiros en rebelión contra os latifundistas. Por nada se altera o rico propietario -queima da igrexa, toma do concello, expulsión do crego...- permanecendo impávido en tanto non lle "tocan o dogma". Cando lle din que os campesiños ocuparon e están repartindo as terras, alporízase porque daquela si que se está tocando o que para el é intocable.

En Lugo tócase o dogma, e quen rompe as reglas do xogo ten máis que dicir que o perxudicado. Os que somos público imos á festa porque, pague quen pague, acabamos pagando nós, e polo tanto ten que ser para todos. E que unha festa ou feira, que por principio é para todos, celebre un pregón privado (pregón e público semellan conceptos sinónimos) é un contrasentido.

Que se expulse dous membros dun concello democrático, sen que ao concello lle salla un sarpullido, os grupos se poñan serios e o alcalde faga valer a inviolabilidade dos membros da institución, paréceme patético.

Non sei se é tema policial, local ou nacional; quizais xudicial, e que a fiscalía puidese actuar de oficio; da asociación de empresarios, por ser unha feira, ou do gremio de hostelería por se alguén se pasou con algunha sustancia. Pero o certo é que acaban de tocarnos o dogma. Ou somos unha democracia, e respectamos institucións e representantes, ou cada vez que votamos perdemos o tempo.

Tense dito que a democracia é o menos imperfecto dos sistemas de funcionamento dunha sociedade. A democracia ten os seus dogmas non escritos. E un ataque ao dogma non se borra porque o agresor berre máis alto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES