Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Toca superarse

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de junio de 2025
Por moito que nos pese a carga que nos toque levar en cada momento da vida; toca superarse ata o derradeiro instante.
Na vida hai momentos para todo.
Hai momentos fáciles e momentos difíciles.
OS MOMENTOS FÁCILES NON OS VALORAMOS COMO É DEBIDO:
-Parécenos normal ter boa saúde física.
-Parécenos normal ter unha intelixencia brilante.
-Parécenos normal ter unha familia estupenda.
-Parécenos normal ter acceso á educación gratuita.
-Parécenos normal ter unha sanidade púbica e gratuita para todos.
-Parécenos normal, ós católicos, ter misa e asistencia espiritual.
-Parécenos normal disfrutar dos servizos sociais.
-Parécenos normal disfrutar de seguridade cidadá.
-Parécenos normal ter calidade de vida.
-¡Parécennos normais tantas cousas!
UNHA COUSA É O QUE DESEXAMOS E OUTRA A REALIDADE QUE NOS TOQUE VIVIR:
-Non sempre disfrutamos de boa saúde porque somos fráxiles por natureza; pero se temos acceso á asistencia sanitaria e se alguén nos bota unha man: xa somos uns afortunados.
Moitas persoas non gozan dese dereito que a nós nos parece tan fundamental.
E non sempre sabemos valorar e agradecer o que fai o personal sanitario por coidarnos.
A min dóeme a alma cando vexo nas noticias que algúns sanitarios son agredidios.
Deben ser persoas en situación desesperada ou fóra de sí; pero...
-AS INTELIXENCIAS NON SON TODAS BRILANTES.
Incluso hai persoas que teñen un cociente intelectual moi baixo.
Ninguén pode elixir.
Trátase de agradecer e desenvolver da mellor maneira as capacidades que se nos regalan.
O peor é cando non aproveitamos os nosos talentos e perdemos oportunidades maravillosas que nos presenta a vida.
E o peor de todo é cando os empregamos para facer cousas malas porque permitimos a entrada do demo no noso corazón.
En calquera caso sempre cabe a posibilidade de superarse para sentírmonos mellor e progresar adecuadamente.
AS FAMILIAS NON SON PERFECTAS
Todas ou case todas teñen fallos.
Pero feliz o que ten unha familia que amar e en quen apoiarse.
Moitas persoas no teñen familia e teñen que abrirse camiño elas soíñas.
Tamén se dan casos de persoas que teñen familia, sobre todo anciáns que deron o mellor de sí, e encóntranse sós.
Son momentos duros que hai que afrontar da mellor maneira posible.
Grazas que a Providencia sempre pon algunhas almas caritativas que axudan no que poden.
QUEIXÁMONOS DA EDUCACIÓN E DA SANIDADE
Claro: a educación ten defectos e a sanidae tamén.
¿Qué actividade humana non os ten?
¿Qué facemos por melloralas?
Toca superarse e moito; pero preguntémonos:
¿Cantos desexarían telas como as temos nós?
TAMÉN NOS QUEIXAMOS DA IGREXA CATÓLICA
Quéixanse os ateos e as súas razóns terán.
Pero...
¿Por qué nos queixamos os crentes?
Queixámonos; pero non sempre acudimos ós actos de culto.
Queixámonos e moitas veces non cumprimos co básico que se nos aconsella cumprir.
De nada valen as queixas se non cumprimos e non somos coherentes coa nosa fe.
Teremos que superarnos e dar exemplos acordes coa Lei de Deus que levamos grabada nos nosos corazóns e coa doutrina que a Igrexa Católica nos ensina.
Coa axuda de Deus poderemos conseguilo; pero temos que poñer o que corresponde da nosa parte.
Moitas persoas non teñen vida parroquial, por falta de ministros da Palabra de Deus, e desexarían tela.
¿QUE DICIR DOS SERVIZOS SOCIAIS E DA SEGURIDADE CIDADÁ?
Que son insuficientes, si; pero moi bos tamén.
Se non fora pola súa valiosa axuda, moito peor estaríamos.
Deberíamos ser máis positivos e poñer algo máis da nosa parte.
CÓMPRE SUPERARSE
Só aportando o noso grao de area poderemos camiñar cara a un futuro prometedor.
Aínda temos reservas no noso haber para facer fronte con tesón e valentía a moitos retos pendientes.
"TESÓN E VALENTÍA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES