Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A xenerosidade na nosa contribución... Ten premio! (9)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 10 de junio de 2025
Despois de celebradas as vodas cotiáns con un exame sincero e recíproco, amigable, deténdose o tempo necesario na análise do que fixeron mellor, pero tamén do que fixeron peor, ao longo do día, a promesa recíproca de seguir en harmónica comunicación, que debe selarse con un bico matrimonial máis convivencial que erótico. O paso seguinte, xa quediños, é, debe ser, invariablemente, cada noite, solicitar a bendición da Divindade rezando, pedindo e prometendo aquilo de: "Con Deus me deito...". Noso Pai, Ave María e Gloria, rezados en común. Outro bico, e a continuación, xa de costas, en posición fetal, o exame individual:
Rapaciño, fuches sincero coa rapaza; pórtaste ben: con ela, contigo mesmo, co próximo...? Daquela, se te arrepintes, pero de verdade, con sinceridade, mañá serás máis feliz cá hoxe! ¡Que o dixo o propio Xesús, e repetiuno o noso Santiago na súa carta ás tribos que estaban na emigración. Sant. 1 -25: "... quen afonda no coñecemento da lei perfecta, a que dá a liberdade, e quen se mantén nela, non para a escoitar e a esquecer deseguida senón para poñela por obra, ese será feliz na súa actuación". ¿Queremos ser felices, queremos durmir serenos, con conciencia recta e tranquila? ¡Aí o temos, que é ben doado: afondar no coñecemento da lei de Deus! Para estas reflexións non hai mellor sitio co silencio da cama; nada de contar ovellas no insomnio, que iso faino calquera, pero os crentes temos outras contas que botar!
Miña nai, ¡Santa Irene!, cando me vía na cama facíame unha cruz na fronte, á vez que me dicía: "Agora, meu neno, a soñar cos anxos!". Daquela interpretábao como que o seu desexo era que non tivese pesadelos na miña durmida, pero desde que me / que nos viñeron os fillos, e tempo adiante os netos, entendín mellor aquel imperativo: ¡que me quería de anxo, que fixese por imitalos!
¡Deus, tanta xente boa que un leva coñecido, e co doado que é imitala a pouco que nolo propoñamos!
-.-

Falando de parentes. Coido que os predicadores deben explicar, de vez en cando, que, cando nos evanxeos se fala de "F. de Tal, irmán de...", non se pode interpretar no senso actual dese tratamento, deste parentesco, senón que os semitas empregaban o termo “irmán” para referirse a primos e parentes. ¡Ollo, que este equívoco, este error, ten orixinado interpretacións disparatadas nas lecturas relixiosas!
Temos a lamentable experiencia das consecuencias, das desviacións, que trae a interpretación errónea dunha verba ou dun concepto naquelas desviacións dos nestorianos nas que se baseou Muhammad para afirmar, absurdamente, que o noso Xesús foi “creado e non xerado” cando a realidade, obviamente, foi a contraria, que ben nolo recorda o Credo: “... que foi concibido por obra e gracia do Espírito Santo...”
Séntense moi a gusto co machismo do seu Al Qurán pero teñen en riba unha forte ameaza pois as súas mulleres, dun tempo a esta parte, están copiando, moito, das occidentais, particularmente das europeas; entre outras sublevacións, pronto lles dirán que están fartas de parirlles media ducia de fillos, así que..., irán a menos, en tódolos aspectos!
-.-

Paulo no Areópago grego. ¿Por que nos engurramos cando nos parece ter sabios enfronte, e así desaproveitamos a ocasión de catequizalos? Memoricemos aquela arenga de Paulo, que mellor non se pode dicir:
“Atenienses, vexo en todo que sodes moi relixiosos, pois andando por aí e mirando para os vosos monumentos de culto, incluso atopei un altar con esta inscrición: “Ó deus descoñecido”. Ben, pois o que venerades sen o coñecer, é o que eu vos anuncio: o Deus que fixo o mundo e todo o que nel hai, o Señor do Ceo e mais da terra, non habita en santuarios feitos pola man dos homes, nin o serven mans humanas, coma se precisase de cousa ningunha El, que a todos dá vida e alento. Dun só home quitou a raza humana, para que habitasen toda a terra, e estableceu os lindeiros dos seus tempos e mais dos seus territorios, para que o buscasen a El e o encontrasen, aínda que fose atoutiñando. En realidade non está lonxe de cada un de nós, posto que nel vivimos, nos movemos e existimos, como algúns dos vosos poetas dixeron: “porque somos incluso da súa caste”. Así que, sendo da liñaxe de Deus, non debemos pensar que a divindade sexa semellante ó ouro, á prata ou á pedra, traballados pola maña e coa imaxinación do home. Ora ben, pasando por alto os tempos de ignorancia, agora manda Deus ós homes que todos en todas partes se arrepintan. Porque estableceu un día no que ha xulga-lo mundo con xustiza por medio do home que El determinou, dándonos a todos a garantía disto, resucitándoo de entre os mortos”.
Paulo, querido Paulo, patrón da parroquia á que pertenzo actualmente, e na que tes uns cregos, uns apóstolos, que che copiaron a elocuencia, faime partícipe da súa valentía para imitalos, ¡para imitalos!, na súa evanxelización, para atreverme cos amigos que, ademais de sabios, téñanse por ateos. Mais, agora que o penso, coido que ateos non son, que non os hai, non pode habelos; ¡en todo caso, desinformados! A culpa dos seus erros igual é máis miña que deles..., por non falarlles dese Deus que lles é descoñecido, como lles pasaba aos atenienses!
Non sei se sería co mesmo cabalo, con aquel de antes, pois non vexo que se diga nos “Feitos dos apóstolos”, pero o caso é que Paulo foi un trotamundos incrible. Estoume lembrando do que lle pasou en Éfeso, na segunda viaxe, cando lles preguntou a uns daqueles bautizados por Xoán: “-Recibíste-lo Espírito Santo, cando abrazáste-la fe? Eles respondéronlle: Nin sequera sentimos dicir que haxa un Espírito Santo. Entón díxolles: -E logo, ¿que bautismo recibistes? Eles responderon: -O bautismo de Xoán. Entón díxolles Paulo: -Xoán bautizaba con un bautismo de conversión, dicíndolle ao pobo que cresen no que viña despois del, é dicir, en Xesús”. (En vista diso, Paulo bautizounos no nome de Xesús, e coa mesma veu sobre eles o Espírito Santo; comezaron, ¡eles tamén!, a falar en linguas estrañas, e a profetizar). De Éfeso, a Xerusalén, pasando por Macedonia e Acaia; despois, Roma. ¡Pobre cabalo, se o levou consigo!
-.-

Hoxe en día.
Señor, agora que estou esperto e me lembro daquilo do Éxodo, 17 -11-12: "Cando Moisés erguía as mans, vencía Israel; A xenerosidade na nosa contribución... Ten premio! (9) cando as baixaba, vencía Amalec". Daquela a posta do sol, ¡era a posta do sol! Hoxe en día, sol posto, lámpadas acesas! Non fai falta levanta-los brazos, que chega con darlle ao interruptor; e con iso xa che estamos levando a contraria, Señor, séxase, pecando, pecado moral, e a maiores, pecado mortífero, derrota segura!
Coas lámpadas acesas tentamos levarche a contraria, alonga-los días matando o sono: radios, televexos, espectáculos de todo tipo... ¿Señor, é ou non é verdade que nos deches a noite para repoñer forzas, e de paso para reflexionar no silencio das nosas camiñas?
Se eu fose médico dos corpos opinaría que restarlle horas ao sono, tal que durmir menos de 6, é, produce, como pouco:
-Que afecta a diferentes sistemas, desde o cardiovascular, neuroendocrino, dixestivo, respiratorio..., e incluso ao inmunolóxico.
-Incrementa ata 4 veces o risco de desenrolar ou morrer dun accidente cerebrovascular en persoas da mediana e da terceira idade.
-Eleva ata un 48 por cen as probabilidades de desenrolar ou morrer dunha enfermidade cardíaca.
-Etc., etc.
¿Que facemos os predicadores (ou aprendices de tales) que non lles dicimos aos nosos gobernantes que paren de atentar contra a vida, contra a saúde, dos seus votantes, co doado que teñen dar normas para a nocturnidade, ou é que lles gusta? Isto no que se refire á saúde física, que tamén habería que falar da inmoralidade dos noctívagos.
-.-

“Este creyente, malo pero creyente, que cada domingo os acompaña al misterio de la Eucaristía, y que parece llevaros a un remanso de paz, en realidad os está llevando a una guerra, y es bueno que lo sepáis. Los creyentes, con nuestras misas y nuestras mesas, con nuestros ritos y nuestras oraciones, no estamos tratando de salvarnos a nosotros mismos, y mucho menos pretendemos salvar a Dios; luchamos para que la salvación de Dios alcance al hombre, a todo hombre que viene a este mundo, primero al pobre, luego al indiferente; luego, si es todavía posible, también al del escándalo orgulloso”. (Jesucristo, Rey del Universo, por Santiago Agrelo Martínez, Arcebispo de Tánxer, en Galicia Digital, do día 26-11-2017).
¡Esta é a loita, si Señor, pois o contrario sería pasarnos ao outro exército, ao de Satán, que por desgracia xa ten demasiados seguidores, pero, Deus mediante, nós, que estamos de parte de Deus, e non do diabro, acabaremos vencendo, que para algo Xesús tivo unha Paixón, voluntariamente aceptada, resucitando ao terceiro día, segundo testemuñan os evanxelistas!
Xa que resucitou por si mesmo, daquela era Deus, Segunda persoa da Santísima Trindade... Pois si, e non só resucitou, senón que subiu ao Ceo, en presencia dos mesmos apóstolos; índose, quedou, tamén se quedou con nós..., ¡na Eucaristía! ¿Que máis probas necesitamos? Falando de probas: Unha proba, a mellor de todas, de que Xesús quere ás mulleres como apóstolos foi que..., ¡que se lles apareceu a elas antes que aos varóns! Digámolo en voz alta, e se é preciso, por escrito, por se o teñen esquecido eses cardeais de Roma!
O caso é que as mulleres, ¡vese nos políticos!, ante o público (e non só ante os esposos) son máis convincentes que os homes; daquela, ¿non será un error evanxélico deixalas en simples diáconos?
Agora que hai mulleres nos exércitos da nosa cultura, na Cultura Superior, na Eclesiástica, na de Cristo Rei, que? Igual chegan a velas no presbiterio os nosos netos..., desde que non queden Curas, desde que o celibato sexa inoperante!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES