Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os últimos de Filipinas

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 02 de junio de 2025
As guerras nunca son boas. Nin tan sequera ganándoas. Moito menos perdéndoas. Porén, en algunhas asoman detalles, xestas, acontecementos que nos fan esquecer un pouco a crueldade ou o motivo das mesmas. En algunhas ata asoman heroicidades que pasan ós anais da historia e, polo tanto, ós recordos literarios, gráficos e cinematográficos.

O 2 de xuño de 1899, cúmprense hoxe exactamente 126 anos, en Baler (unha Capitanía Xeral de Filipinas) capitulaban os chamados "Os últimos de Filipinas", despois de 337 días sitiados na igrexa da poboación polas tropas do lugar de orixe.
Os últimos de Filipinas

O asunto xa viña desde bastante atrás, máis en concreto, desde 1896, cando a sociedade secreta filipina Katipunan iniciou unha insurrección contra o goberno colonial español, pero un ano máis tarde, co Pacto de Biak-na-Bató, chegouse a unha aparente resolución do conflito. Nese clima ficticio o goberno español acurtou o número de efectivos destinados en algunhas das súas guarnicións. A principios de 1898, os 400 homes do destacamento de Baler quedaron en tan só 50 soldados.

O 15 de febreiro, en Cuba, empezou a guerra hispano-estadounidense, onde axiña caemos derrotados, o 1 de maio. A causa disto, os líderes dos insurrectos de Baler, financiados e armados polos ianquis, volveron a Filipinas e reiniciaron a revolución. Ó mes seguinte, o destacamento de Baler, descoñecedor da guerra con Estados Unidos e da proclamada independencia de Filipinas viuse atacado polos revolucionarios nativos e refuxiouse na igrexa comezando así o sitio, o asedio. A partir de aí houbo unha tirapuxa entre avisos, promesas, desexos, presuntos enganos que non fixeron recuar nin renderse ós sitiados. Chegaron a desconfiar incluso dun tenente coronel español, que chegara alí por orde do gobernador para que se renderan e o acompañaran a Manila. Tan axiña como marchou, sen acadar o obxectivo, foron uns periódicos que deixara na igrexa os que lle abriron os ollos ós últimos de Filipinas, cando leron que España xa non ostentaba a soberanía desas illas e de que non tiña sentido seguir resistindo. Como dicía ó principio, capitularon hai hoxe 126 anos.

Como anécdota, sinalar que deses últimos de Filipinas había, que se saiba, dous galegos; un do Carballiño (Vicente Pedrosa Carballeda) e outro de Guitiriz, Lugo (o sanitario Bernardino Sánchez Caínzos).
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES