Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As enerxías limpias

lunes, 17 de agosto de 2009
Temos moi pouco claro os galegos o que significa a xeneración de enerxía eléctrica nos seus diversos aspectos productivos, quizais porque nos últimos tempos se producíu unha revolución da que non somos plenamente conscientes.

Foron moitos os anos nos que Galicia producía enerxía eléctrica fundamentalmente a través das centrais instaladas nas represas dos ríos, algunhas de ben sona polos conflictos que orixinaron coa súa instalación. Poñamos, como exemplo, os embalses de Castrelo do Miño e de Belesar, orixinando este o traslado do pobo de Portomarín sendo os seus principais monumentos reconstruidos pedra a pedra no alto do monte inmediato.

Agora existen outras fontes de xeneración de enerxía eléctrica, tan importantes ou máis ca forza dos ríos, destacando o carbón e a eólica de xeito cuantitativo. Destas, a enerxía eólica, con 6.700 Xigawatios producidos o pasado ano, é a máis importante das fontes limpas de producción de enerxía, sendo abonda para o consumo de todos os fogares de Galicia.

Sorprende coñecer que a producción eléctrica de Galicia foi o pasado ano de 27.400 Xigawatios mentras que o consumo foi só de 20.000, polo que arredor de 7.000 XW puideron exportarse a Asturias, Castela-León e Portugal.

Aumentan as porcentaxes de producción eléctrica en base a enerxías renovables, chamadas limpas, ás que temos que tender por respecto ó medio ambiente actual e futuro, diminuindo no posible as que afectan de xeito moi importante á vida dos nosos ríos ou contaminan a atmosfera.

As Administracións teñen que ter unha moi clara política de promoción das enerxías limpas que aínda que supoñían cuantiosos investimentos iniciais son moito máis rendibles no futuro, mesmo en termos que non se poden cuantificar económicamente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES