O centro psico-social de Ferrol
Rivero, Manuel - lunes, 02 de junio de 2025
En momentos de profundas crises, con frecuencia, nacen grandes remedios para curar ou previr as doenzas, tanto as visibles como as ocultas, que permiten diagnosticar con máis facilidade as variables dependentes a partir da descuberta das independentes, é dicer, das causantes dos desequilibrios físicos, psíquicos, emocionais, sociais ou familiares. Nese escenario crítico, de conflito, descontento e de caos, está o xerme do Psico-Social de Ferrol, ou Sico-Social, como aparece na maioría da documentación.
Para coñecer en profundidade o nacemento, desenvolvemento e declive deste fito, chamado a revolucionar o diagnostico, terapia, enfoque e a visión da psiquiatría nas diferentes patoloxías naceu o Psico-Social, no ano 1976 e durou ata o ano 1982, coa misión de concienciar a través do seguinte lema "Tu conflicto es problema de todos".
Eu cheguei nese ano a cidade de Ferrol, acababa de aprobar a oposición de Correos e vin tomar posesión da miña praza a primeiros de maio. Vivín en directo ese clima de crispación, loita, folgas e manifestacións, desencanto, pobreza, paro, risco de exclusión social, problemas de alcoholismo e de drogas máis duras, como a heroína, en minorías sociais.
Lola Arribe, foi unha das persoas claves deste proxecto, aportou valor desde o inicio, a maior parte do tempo, sen ningunha remuneración económica, a pesar que a precisaba, estivo ata o final, viviu situacións críticas, incomprensións e ataques por algo tan normal como invitar aos profesores para que aportaran ideas, coñecedora que esa situación de crise estaba repercutindo no rendemento e a satisfacción escolar ou por solicitar que se cumpriran os estatutos do Sico-Social.
Comigo, apenas falaba deste tema, se por casualidade saía na conversa de forma colateral, e como eu non preguntaba, a sensación coa que me quedaba, era que non gardaba gratas lembranzas desa longa experiencia.
Cáritas Ferrol, ao detectar numerosas e variadas solicitudes de axuda, deu a voz de alarma, e contribuíu, cos medios que tiña ao seu alcance: local para as consultas, apoio económico, persoal voluntario, solidaridade parroquial, difusión da gravidade do problema e concienciación.
En todo este proceso da creación do Centro Psico Social (CS-S), foi determinante a contratación dos doutores en psiquiatría, D.Emilio González e D. José García, con formación e experiencia, expulsados de Conxo, todo indica, que por motivos políticos. Tempo despois, coa súa marcha comezou o declive do sico-social.
O desequilibrio entre as múltiples necesidades de asistencia e os recursos económicos, materiais e humanos era tan grande, que a situación estaba anunciando, que era inmediato e certo que o seu peche era irreversible.
Para visualizar este proceso, contamos con dous textos, que nos son de gran axuda, a maior parte da documentación citada, estaba na carpeta de Lola Arribe, que como de costume gardaba de forma organizada, por datas e materias:
"El Sico-Social de Ferrol. Psiquiatría Comunitaria y Humanista", de Rosa Cal, do ano 2023, editado por Visión Libros.
"Antes de Perdermos a Memoria" de Alfonso Tellado Sande, do ano 2019, de edicións Embora.
O meu agradecemento a Rosa, por a numerosa documentación que aporta no seu texto e a Tellado por o agasallo do seu libro e a conversa, que de forma distendida, mantivemos sobre o Psico-Social, que tan ben coñecía, tanto como usuario, como membro da Comisión Gestora (C.G.).
Froito do intenso traballo de Lola, muller dinámica, formada carismática e visionaria, que en todo momento soubo harmonizar as diferentes tendencias que había dentro da organización, ademais de forma sutil ir marcando a senda da dirección acertada, a pesar das dificultades, malos entendidos e atrancos que con tanta frecuencia aparecían, o psico-social, cos seus avances e retrocesos, tivo umha experiencia vital de dez anos.
Alfonso Tellado, así o recolle textualmente no seu libro: Si tivera que destacar a unha persoa polo seu traballo e a súa entrega e dedicación por este proxecto sería, sen dúbida algunha. Dolores Arribe Dopico "Lola".
E Rosa Cal, coa seguinte dedicación: A Dolores Arribe por su entrega total al Sico-Social.
In memoriam.

Rivero, Manuel