Meteorito
Cabada Castro, Manuel - martes, 03 de junio de 2025
A un bo amigo pregunteille se vira algo onte á noite. El non vira nin sabía nada , pero esta ligazón que agora el me manda confírmame que eu non vira visións senón realidades. Algo é algo...
"Era como un fuego artificial", un meteorito ilumina la madrugada en Galicia.
Comento agora -o mellor que recordo- o que eu vin onte: estaba paseando na azotea dun alto edificio da Coruña, próximo á praza de Pontevedra, felizmente ollando de noite os ceos. Eran ás 23:00 horas e 23 minutos deste martes, 27 de maio de 2025 cando de súpeto vexo voando no máis alto e relativamente amodo unha especie de bóla (redonda) e de cor moi branca que avanzaba cara á o nordeste máis ou menos (cara á dereita da Torre de Hércules). Teño visto non poucas veces estrelas fugaces, como as bágoas de San Lourenzo. Mais isto era algo distinto, pois non avanzaba ao meu ver nin tan veloz (á miña vista) coma elas nin era tan pequena. Isto era meirande (calculo que o seu aspecto era algo así como unha cuarta parte dunha lúa chea). Era ademais moi redonda e branca. Desapareceu de súpeto poucos segundos despois nas alturas. No fondo sentino ben! Tras tan fermosa experiencia e vivencia foi xa normal que esta noite pasada durmira coma un neno. Un saúdo a videntes e non videntes e tamén a cantos nos ollan dende arriba.

Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora