Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A D. Uxío García Amor, mestre de vida, fe e esperanza, xa un mes no alén de Deus. Grazas!

Campo Freire, Xaquín - lunes, 02 de junio de 2025
Vai para un mes, caladiñamente, case sen avisar, partiches cara o alén de Deus e de Santa María Nai, co sorriso característico. E como dixo o Padre LLanos: "Disculpad si os he molestado".

A nosa vida, coma un mosaico, vaise compondo e completando coas teselas, unha a unha, dos que nos serviron de referentes ben significativos, esenciais e vitais. Dunha delas, D. Uxío, quero falar.

Sinalaches con claridade o rumbo, dándonos unha conciencia e un sentido alegre, profundo e cheo de valores propios. Fuches esa "luz e sal evanxélicos" para encamiñarnos cara a unha verdadeira adultez. De ti aprendiamos progresivamente a sermos alguén que desexa aportar algo serio a unha sociedade, á propia dos nosos devanceiros. E podemos estarmos a perder o tempo en brincadeiras sen orientación.

Tócanos en sorte desenvolvermos todas as dimensión da persoa humana, tendo en conta todas as urxencias do noso mundo galego, que está á espera dramaticamente de respostas axeitadas de cada fillo, filla, en momentos cruciais de cambios fundamentais para a transformación integral do NÓS colectivo e comunitario.

Lembremos os compromisos dos anteriores en tantas iniciativas importantes. Por exemplo a Escola de poetas en lingua galega do noso Seminario mindoniense.
Xunto coa lingua, e precisamente nela, expresaban os desafíos e grandes retos. Mirémonos neses espellos da responsabilidade persoal, social, educativa, etc. Cantos alumnos e ex-alumnos, formados na nosa diocese, levaron polo mundo adiante a forza e a superación persoal e grupal, por exemplo na emigración masiva, escolas rurais, etc. Ti fuches un deles e ben eximio.

No noso Seminario de Mondoñedo, se á alguén lle debemos liberdade, alma, corazón e vida, sabedoría, fe, ciencia, sinxeleza e ilusión por axudar activamente a crear un mundo noso sen complexos, con humildade, pero con autoconciencia da importancia da nosa pegada histórica, foi a ti, querido D. Uxío.

Daqueles tempos: Díaz Castro, Iglesia Alvariño, Noriega Varela, Pepe Chao, Gabriel Vázquez Seijas, Cuco Ruíz de Cortazar, Fernando Porta, Digno Pacio Lindín, etc. Só por citar algúns. Logo seguiron outros.

Desde os primeiriños amenceres cotiáns, ata os grandes silenciosno transcurso dos horarios circadianos daquel estilo de vida en tempos aínda tan sombrizos e estreitos, ti soubeches abrir camiños na noite e encheras nosas vidas de música, beleza e poesía, ilusión, ciencia, arte e culturas amplas e universais.

Cada hora era un pasiño firme asentado na honradez e na humildade de onde procediamos. O importante era formarnos para unha entrega xenerosa. O mundo noso precisaba de liberdade profunda e interior, sen alharacas nin trompetas de fanfarrias superficiais que desorientasen.

Con suma confianza sempre recorriamos a ti, o home sinxelo de saberes enciclopédicos, na procura de luz segura, orientacións, ideas, metodoloxías, fontes bibliográficas das máis diversas procedencias.

Ti, con paciencia, escoita activa, empatía e con docencia acreditada, sempre abrías paso certeiro e seguro. E se non tiñas a punto esa reposta científica, con humildade, dicías: "Volve dentro de tres dias. Quero preparar ben ese tema con calma e estudo".

Dos anos cincuenta en diante, nos que aínda seguiría por moito tempo a escuridade nas contornas, ti, espírito libre, sempre fuches un fiel servidor da verdade, sen medos, sen trampas, sen servilismos.

Grazas, 'Maese' Uxío!

Como especialista en estudos bíblicos sempre estiveches abrindo camiños sen medo ao Deus que se nos revela no aquí e no agora eno acontecer cotián da "Ruah", o alento do Santo Materno Espírito.

Fuches home de fe, esperanza, alegría e profundafinura espiritual. Mestre humilde e servidor para os máis pequeniños do Reino de Deus a súa xustiza. Que exemplo!
Querido Uxío, lembro ben cando nas aulas de Historia de Literatura Universal, ano 1957, nos falaches de Gabriela Mistral, premio Nobel.

Pois eu nestes intres quero pedirlle a ela prestada esta oración que me serve moi ben para falarlle de ti a Deus con confianza:
«Señor, Tú sabes como con encendido brío, por los seres extraños, mi palabra te invoca. Vengo ahora a pedirte por uno que era mío».
«Te digo que era bueno, te digo que tenía el corazón entero a flor de pecho, que era suave de índole, franco como la luz del día, henchido de milagro como la primavera. De preces y de sollozos fatigaré hoy, Señor, tu oído».

Ti sempre nos ensinaches a usar, estudar, fomentar, defender, querer e amar todas linguas, como signo de apertura universal a un mundo que se nos abría e que nos segue chamando. E iso, sempre como agradecemento ao sagrado herdo dos devanceiros, sobre todo se son a fala dos máis humildes e dos pobres: O Verbo fíxose palabra "encarnada" na humilde voz dos máis pobres. Por iso Xesús falaba no arameo populare humilde dos empobrecidos do mundo. Por máis que tamén coñecía o hebreo das Escrituras.

E por iso ti nos ensinaches a dignidade e a estima da nosa lingua galega. Con que emoción nos sinalachesaquel poema de Lamas Carvajal: "Fálame nesa fala melosiña, que celestiais armunías ten; fálame na linguaxe da terriña se é que me queres ben".
Pois cando agoraxa volvesao seo agarimoso da nosa Nai Terra, a nosa benquerida "Pachamama", quero usar esta loa esperanzada da Apocalipse, (14:13-16):
«Benaventurados os que morren no Señor. Que descansen das súas fatigas porque as súas boas obras os acompañanao Señor».

Ti fuches e serás sempre un deses benaventurados. Ese referente grande e indelébel dos "bos e xenerosos".

Grazas, benquerido D. Uxío. Por isto, por todo e por moito máis, sempre e eternamente: GRAZAS!

Xaquín de Roca.
(Así, cariñosamente, me saudabas sempre ti).
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES