Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Martin Sheen

viernes, 14 de agosto de 2009
Contemplando a familiar imaxe deste actor entrañable, un agarda que de repente Martín Sheen comece a falar en galego con acento americano. Pero téñome que conformar con escoitalo nun inglés con traducción simultánea.

O actor que no seu papel de residente na “ala oeste da Casa Branca” nos ofreceu un humano presidente do país máis poderoso do mundo, resulta ser galego. Pero non galego como o que se nos dixo de Gorbachov, que podería proceder do apelido Corvacho, senón galego de Parderrubias, en Salceda de Caselas (Pontevedra), de onde seu pai Francisco Estévez saíu en 1916 hacia Cuba e logo a Ohio, onde casou con irlandesa e tiveron dez fillos. Un destes, Ramón Estévez, acadou a groria artística tendo cambiado o seu nome e apelido polo de Martín Sheen.

O actor ven a Parderrubias, e o pobo fai xuramento de silencio para que se sinta a gosto, na casa. E se o vello emigrante descansa en paz na terra que o acolleu, o seu fillo cumpre o anceio de todo emigrante galego que é volver triunfante. Ningún triunfo maior que vir a Compostela, ser recibido en loor de multitudes, comprometer unha película sobre o Camiño, e recibir do Presidente da Xunta a proposta de ser o embaixador en América do Xacobeo do próximo ano.

O vello Estévez seguro que non comprendería moitas destas cousas nunha Galicia que pouco debe ter que ver coa que o viu nacer a finais do século dezanove. Pero a todos os galegos mitómanos da séptima arte, énchenos o peito poder presumir da galeguidade dun galego da segunda xeneración, oriundo ó fin, que vai facer máis coñecida Galicia nun mundo novo que temos dereito a conquistar aínda que sexa co pretexto do ano santo do Señor Santiago.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES