Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 29 de mayo de 2025
A droja é dura

Son as cinco o'clock dunha tarde primaveral na que hai que andar pola sombra. Unha ambulancia coas luces intermitentes case enfronte. Á súa beira, un coche da policía local. Algo pasa. Algúns paisanos xa están, xa estamos á expectativa. Queremos saber. Din que o saber non ocupa lugar. Aínda que sexa coas desgrazas alleas. Tamén din que a curiosidade matou ó gato. Somos como o carallo vinte e nove.
Pingas de Orballo Cinco e dez o'clock. Algo xa sabemos. Un paisano pasado de revolucións, segundo a explicación doutro paisano. E segundo a sentenza dun terceiro: "a droja é dura". O lector xa entendería. Pobres pais, queixábase un cuarto paisano. Triste vide esta na que hai que chegar a uns límites que afunden a un, a calquera na miseria. E por moito que diga que a sorte non existe, hai que ter moita nesta vida.
Cinco e cuarto o'clock. Entre comentario e comentario, un trago de café. Entre pensamento e pensamento unhas palabras de tristeza, de pena. Porque a vida non é como queremos que sexa. A vida é como vén, como veña. Non hai volta de folla. Certo que ás veces somos nós os que buscamos a vida negra. E esta... esta logo se adapta, logo se axusta a certos actos ou sentimentos.
Cinco e vinte o'clock. A ambulancia marchou. As revolucións minguaron a causa dalgún produto (outra droja) que lle meteron e, como dicía un dos paisanos: agora a durmir durante horas. A vida ás veces tamén se acazapa, tamén se engruña para esperar unha nova ocasión. Porque o ser humano é o animal que afociña, que bate, que tropeza e tropeza case sempre na mesma pedra. A droja é dura.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES