Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 27 de mayo de 2025
A áncora do Titanic

Contemplei a áncora do Titanic e pensei en Kate Winslet. Xa está ben de pensar sempre no DiCaprio. Aínda que cada vez que vexo ou leo ou escoito o nome dese barco, dese mastodonte, o primeiro pensamento vai ó iceberg e á desgraza, o infortunio. A unha desgraza que, para máis aquel, acaeceu na viaxe inaugural. O barco quizais máis famoso da historia levantou áncora en Southampton o 10 de abril de 1912 con destino a Nova York. Pingas de Orballo Na noite do 14 ó 15 chocou contra un bicho iceberg no Atlántico Norte e empezou a facer auga nas primeiras horas do 15 de abril. O cine encargou de magnificar tal accidente, tal catástrofe.
Agora, 113 anos despois, dáseme por lembrarme del, por culpa da súa áncora, que contemplo nunha fotografía. A áncora é coma todas as áncoras dos barcos que son máis que barcos: grande, enorme, pesada, de ferro. Ó contemplala, tamén me recorda a unha que hai en Muros, porque, nesta, cada verán que pasabamos por alí (poucos anos, por desgraza), e sendo os fillos aínda cativos, case os obrigaba a subirse a ela para a correspondente foto temporal, é dicir, para ver o paso do tempo (nos fillos, claro) dunha foto a outra.
A verdade é que calquera áncora impresiona un pouco. Pola súa grandiosidade, polo seu cometido e, por que non, pola súa fermosura. Son da Galicia interior (ou da Galicia profunda, como diría a outra), pero sempre me fascinaron o ruído do mar e as áncoras que se expoñen na maioría dos portos.
A áncora de Muros tenme o seu significado. A áncora do Titanic tamén. Este máis triste, máis tráxico; por moito que intentemos pensar nunha historia de amor no Atlántico Norte entre Leonardo DiCaprio e Kate Winslet.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES